Xinzo de Limia celebra o Torneo Municipal de Chave 2025 «Memorial Manolo Santana»
O Concello de Xinzo de Limia organiza o Torneo Municipal de Chave 2025, adicado a Manolo Santana, o sábado 19 de xullo ás 18:00 h na Alameda de O Toural.
O torneo busca recuperar a tradición deste deporte na vila e ofrecerá trofeos e premios aos tres primeiros clasificados. A veciñanza e visitantes están convidados a participar e gozar do evento.
Fonte: www.dendealimia.com