​Case 700 sinaturas en dous días na Limia para que as Administracións actúen xa contra a contaminación

Dende A Limia

Auga Limpa Xa recolle case 700 sinaturas para solucionar a contaminación do encoro das Conchas

A plataforma Auga Limpa Xa obtivo un forte apoio popular nas feiras de Lobios e Xinzo, con case 700 sinaturas recollidas en dous días. O obxectivo é esixir ás administracións autonómica e estatal que cumpran a sentenza do TSXG, que lles obriga a corrixir a degradación ambiental do encoro das Conchas e garantir auga potable segura.

A iniciativa reclama un control da xestión dos residuos da gandaría industrial na Limia e comarcas veciñas, unha moratoria para novas explotacións intensivas e a declaración da Limia como Zona Vulnerable por contaminación por nitratos. Tamén se solicita un estudo sobre os impactos da contaminación da auga na saúde humana.

A plataforma denuncia a reacción da Xunta, que recorrerá a sentenza do TSXG argumentando que a responsabilidade é do Goberno central, quen tamén foi sinalado polo tribunal pola inacción.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA