Programa Comunidades Inclusivas na Comarca da Limia
O C.D.R. O Viso, na comarca da Limia, participa no programa «Comunidades Inclusivas» promovido por COCEDER a nivel nacional.
O obxectivo principal é crear contornas máis inclusivas e solidarias, especialmente para persoas en situación de vulnerabilidade.
O programa busca activar a participación da veciñanza, fortalecer lazos comunitarios, crear redes de coidado e mellorar a calidade de vida de persoas maiores, con discapacidade, migrantes ou en risco de exclusión.
Este proxecto está financiado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), o Ministerio de Traballo e Economía Social, a Unión Europea e a Fundación «la Caixa».
Fonte: www.dendealimia.com