Xinzo de Limia renovará o firme do Barrio de Abaixo
O Concello de Xinzo de Limia investirá máis de 254.000 euros, financiados polo Plan CooperOU da Deputación de Ourense, na renovación integral do firme do Barrio de Abaixo.
A actuación comprenderá a maior parte das rúas e ruelas do barrio, agás as vías principais (Constitución, Galicia, Lepanto e San Roque). As rúas afectadas son Camiño do Regueiro, Serra de San Mamede, Serra de Manzaneda, Pena Trevinca, Serra do Larouco, Serra de Queixa, do Furriolo, do Padrón e Xabier Prado Lameiro.
Esta obra, que responde a demandas veciñais, busca mellorar a mobilidade, o confort e a seguridade peonil no centro da vila.
A reforma enmárcase na estratexia «Xinzo Paso a Paso» para revalorizar o centro histórico e recuperar espazo público, sumándose á peonalización do centro e ás obras de humanización da N-525.
Fonte: www.dendealimia.com