A IV edición das Olimpiadas Interpobos, o 5 de xullo

Dende A Limia

Olimpiadas Rurais da Limia 2025: Regreso ás orixes

O Colectivo RAS, co apoio do Concello de Xinzo de Limia e o CDR O Viso, organiza a edición de 2025 das Olimpiadas Rurais da Limia, consolidándose como evento clave na comarca. Tras recuperarse en 2022 despois dun parón prepandemia, o evento, orixinado hai dez anos pola mocidade limiá, aposta este ano polo seu emprazamento inicial: as instalacións deportivas da Moreira.

Segundo Borja Rubén Domínguez, presidente do Colectivo RAS, este cambio busca «recuperar unha identidade de deporte popular, do pobo para o pobo». O Concello cede as instalacións e o CDR O Viso brinda apoio administrativo. Agárdase a participación de máis de cen persoas, ademais de voluntariado e comité organizador.

O Colectivo RAS anima á participación das aldeas e barrios do concello, buscando promover a convivencia e o espírito comunitario a través da competición. O período de inscrición xa está aberto.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA