Encontro de Familias no CDR O Viso en Xinzo
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organiza un encontro de familias da comarca, con actividades para todas as idades.
A xornada inclúe unha merenda saudable, actividades cooperativas e unha minifoliada. Tamén se dará a coñecer o traballo da Casa Niño Lodoselo, da man da súa responsable, Anabel Borrajo.
Mila Rodríguez, responsable da actividade, destaca o seu carácter educativo e de orgullo rural.
Esta iniciativa, financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, forma parte do programa Familia e Comunidade.
Fonte: www.dendealimia.com