Xinzo e Ponte de Lima únense no XIII «Abrazo ao río Limia»
Máis de 750 nenas e nenos de Xinzo de Limia e Ponte de Lima (Portugal) participaron nunha nova edición do «Abrazo ao río Limia», un acto simbólico de irmandade entre as dúas vilas.
O evento, celebrado en Xinzo, incluíu música da Banda de Gaitas local e o tradicional abrazo humano ao río, ademais da plantación dunha árbore.
Esta iniciativa, que xa vai pola súa décimo terceira edición, busca reforzar os lazos culturais e a conciencia ambiental entre os dous municipios irmáns, despois da visita dos escolares de Xinzo a Ponte de Lima no mes de maio.
Fonte: www.dendealimia.com