​A exposición “Os fondos europeos en Galicia” chega á Praza Maior de Xinzo de Limia

Dende A Limia

Exposición «Os fondos europeos en Galicia» en Xinzo de Limia

A Praza Maior de Xinzo de Limia acolle do 5 ao 19 de xuño a mostra itinerante «Os fondos europeos en Galicia».

A exposición, composta por 16 paneis informativos, amosa o impacto dos fondos europeos en áreas como educación, sanidade, dixitalización e investigación, así como en proxectos de patrimonio, inclusión social e desenvolvemento rural.

Galicia recibiu máis de 32.000 millóns de euros desde 1986 a través de financiamento europeo.

A exposición xa pasou por varias localidades galegas e continuará o seu percorrido por outras cidades.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA