Sandiás mobilízase na campaña «Á caza do lixo» polo Día Mundial do Medio Ambiente
O Concello de Sandiás, xunto co Ceip de Sandiás, o Punto de Atención Infantil (PAI) e veciños, organizou unha campaña de limpeza baixo o nome «Á caza do lixo» para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. A iniciativa buscou concienciar sobre a importancia de manter as contornas limpas.
O sábado 8 de xuño, voluntarios recolleron aproximadamente 1000 kg de residuos (rodas, plásticos, madeira, etc.) de montes, chairas e rúas, que foron trasladados ao punto limpo de Xinzo de Limia. O Concello proporcionou luvas, bolsas e vehículos para a recollida.
Nenos e nenas do PAI e do Ceip participaron activamente na campaña, percorrendo as súas contornas para recoller lixo. O Concello agradeceu a colaboración do PAI, o Ceip, o equipo educativo, pais, nais, avós e avoas, destacando a importancia de sensibilizar sobre o coidado do medio ambiente dende idades temperás.
O Concello lembra a dispoñibilidade do punto limpo móbil da Deputación e os puntos limpos da Comarca da Limia, fomentando o uso destes servizos para unha correcta xestión dos residuos.
Fonte: www.dendealimia.com