Rescate dun gatiño en Dendealimia
Onte, un grupo de persoas, entre elas Andrea e Sabela Veloso, rescataron un gatiño atrapado nun coche preto do Banco Santander en Dendealimia.
Tras escoitar os seus miauos, e descubrir que levaba dous días alí, intentaron o rescate contactando coa Policía Local e a asociación Da Rúa. Despois de varias horas, e coa axuda do pai da dona do coche, o gatiño foi rescatado xusto antes de chamar á grúa.
Andrea, quen o escoitou primeiro, levouno ao veterinario. O gatiño, bautizado como Volvo, está ben e foi adoptado por unha nova familia.
Fonte: www.dendealimia.com