Novos Radares da Dirección Xeral de Tráfico

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) instalou 24 novos radares en diversas provincias españolas: 17 fixos e 7 de tramo. Destes, sete foron instalados en Galicia (cinco fixos e dous de tramo), ademais doutros en Asturias, Almería, Málaga, Granada, Alicante e Valencia.

As localizacións dos novos radares están debidamente sinalizadas nas estradas e publicadas na páxina web da DXT. A información tamén se puxo a disposición dos fabricantes de navegadores.

Durante un mes, os condutores que superen a velocidade permitida nestes novos puntos de control recibirán unha carta informativa. Pasado ese período, as infraccións serán sancionadas con multa.

Ubicación dos novos radares en Galicia:

  • Pontevedra: N-550 (quilómetro 84,150)
  • Ourense: N-525 (quilómetro 227,880) e OU-536 (radar de tramo entre os quilómetros 25,850 e 28,040)
  • A Coruña: AC-221 (quilómetro 2,500), AC-841 (quilómetro 9,800) e AC-552 (radar de tramo entre os quilómetros 26,275 e 27,300)
  • Lugo: LU-74 (quilómetro 74,150)

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA