Controlado incendio nunha granxa de porcos en Os Blancos
Un incendio nunha granxa de porcos na parroquia de Nocedo, concello de Os Blancos (Ourense), foi controlado este martes. O lume, localizado no quilómetro 10 da OU-304, afectou o chan de plástico e materiais de separación dalgunhas pocilgas. Provocou a morte de varios animais, pero non houbo danos persoais. No operativo participaron Bombeiros de Xinzo, a Garda Civil e Protección Civil de Os Blancos.
