A Limia News | Historia de Xinzo de Limia https://xinzodelimia.com Noticias de Xinzo de Limia e da comarca da Limia. Falamos sobre Xinzo, o Entroido, a Festa do Esquecemento e calquera outra noticia de interés. Fri, 10 May 2024 17:35:54 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.8.3 https://xinzodelimia.com/wp-content/uploads/2024/03/cropped-ic_launcher-playstore-300x300.png A Limia News | Historia de Xinzo de Limia https://xinzodelimia.com 32 32 FEIRA DAS MOZAS O 14 DE MAIO EN XINZO. https://historiadexinzo.wordpress.com/2024/05/10/feira-das-mozas-o-14-de-maio-en-xinzo/ Fri, 10 May 2024 17:35:54 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/feira-das-mozas-o-14-de-maio-en-xinzo/ Cando chegaba a primavera na Limia, a feira do día 14 de maio en Xinzo, non só era comercial, era o esperado día da “Feira das Mozas”, que segundo a tradición oral “O mozo que non atopa moza o 14 de maio, non a atopa en todo o ano”. A tardiña, cando se acaba as…]]> Cando chegaba a primavera na Limia, a feira do día 14 de maio en Xinzo, non só era comercial, era o esperado día da “Feira das Mozas”, que segundo a tradición oral “O mozo que non atopa moza o 14 de maio, non a atopa en todo o ano”. A tardiña, cando se acaba as transaccións comerciais, comezaba pola estra xeral o paseo das mozas e mozos da Limia.
Previamente as mozas e mozos, vestidos coas súas mellores vestimentas de festa, iniciaban os paseos pola estrada xeral, cruzábanse mozos e mozas con miradas furtivas ata que se perdía a timidez e se facían presentacións. O paseo prolongábase ata o inicio do baile na pista do café Ideal, o único existente no pobo. Non había daquelas nin gaiteiros nin música nas rúas. Cantas parellas naceron destas xornadas das feiras do 14 de maio!
Na Limia pola semana eran días de duro traballo para homes e mulleres, pero os xoves a noitiña, era día de visitar ás mozas nas aldeas. Chegabas a aldea, buscabas a casa da moza e no patio batías as palmas e, se a moza accedía, subías a casa. Mentres o compromiso non era formal, calquera outro mozo podía chegar bater as palmas e tiñas que deixar o sitio ao novo pretendente.
O noivado era a ocasión que tiñan os mozos e mozas de profundar no coñecemento mutuo e o afecto, as visitas de tempo en tempo, consistían en entreterse en mutua conversación, e nunca permanecer sós lonxe da mirada vixiante dos pais.
Tiven algunha experiencia persoal desa forma de poñerse en contacto con mozas na aldea, era unha moza moi guapa que coñecera na romaría da Sainza,  o lugar das visitas era a habitación da moza e sentados na cama, fora da visión dos pais. Os mozos da vila non éramos moi ben recibidos pola familia, pensaban, as veces seguramente con razón, que íamos a aproveitarnos.

]]>