A Limia News | Escultura https://xinzodelimia.com Noticias de Xinzo de Limia e da comarca da Limia. Falamos sobre Xinzo, o Entroido, a Festa do Esquecemento e calquera outra noticia de interés. Tue, 04 Mar 2025 10:56:00 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.8 https://xinzodelimia.com/wp-content/uploads/2024/03/cropped-ic_launcher-playstore-32x32.png A Limia News | Escultura https://xinzodelimia.com 32 32 A gran festa da risa https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2025/03/04/gran-festa-da-risa/0003_202503G4P22993.htm Tue, 04 Mar 2025 10:56:00 +0000 https://xinzodelimia.com/la-voz-de-galicia/a-gran-festa-da-risa/

]]>
O Entroido, Ben de Interese Cultural

MIGUEL VILLAR

04 mar 2025. Actualizado ás 11:58 h.

O Entroido incorpórase á lista oficial de Bens de Interese Cultural (BIC), na que xa figuran arredor de 800 bens mobles e inmobles por toda Galicia: igrexas, castelos, pazos, petróglifos, esculturas, libros, torres, castros, mámoas, etc. Ata o momento, o número de bens inmateriais catalogados (entre eles, algúns entroidos singulares como o de Santiago de Arriba, en Chantada) era bastante reducido.

Este recoñecemento ten un importante valor simbólico, aínda que as súas repercusións prácticas no desenvolvemento desta festa popular, que se celebra ano tras ano en aldeas, vilas e cidades de toda Galicia, serán escasas ou nulas. Con todo, supoño que contribuirá a reforzar o seu atractivo nos paquetes turísticos. Cómpre lembrar que algúns entroidos xa ostentan recoñecementos como festas de interese turístico, incluso de nivel internacional, como o de Xinzo de Limia, en Ourense.

O Entroido (carnaval, antroido, entruido…) é unha festa singular, única, a gran festa das festas, configurada na Baixa Idade Media como oposición á Coresma cristiá. Ao longo dos séculos transformouse no que Méndez Ferrín definiu como un «pozo negro de residuos culturais arcaicos». Desprovidos do seu significado orixinal, fóronse incorporando elementos de orixe romana, prerromana e católica, así como influencias do carnaval urbano máis sofisticado e exhibicionista, propio das elites sociais e económicas europeas. O resultado: unha festa rica, variada e poliédrica.

Os profundos cambios sociais das últimas décadas reflictíronse na forma de vivir o lecer festivo. Pero, hoxe como onte, cambiar de identidade, aínda que sexa por unhas horas, mantén o seu encanto. A máscara, a risa, a sátira, a imaxinación e a creatividade seguen a nutrir o crecemento exponencial do carnaval galego nos últimos anos. E non só nas zonas con forte tradición local, senón tamén en moitas vilas e cidades que adoptaron a costume de disfrazarse, invadir as rúas e gozar dunha festa diferente ás habituais e estandarizadas.

Federico Cocho é autor do libro «Carnaval en Galicia».

Archivado en: Carnaval, Escultura, Libros, Residuos, Xinzo de Limia

]]>
O escultor Xusto Gude Méndez, gañador do premio Talento Eurorrexión 2024 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2024/07/18/escultor-xusto-gude-mendez-ganador-do-premio-talento-eurorrexion-2024/0003_202407V18C69924.htm Thu, 18 Jul 2024 03:00:00 +0000 https://xinzodelimia.com/la-voz-de-galicia/o-escultor-xusto-gude-mendez-ganador-do-premio-talento-eurorrexion-2024/ «É unha viaxe completa polas diferentes máscaras que hai ao longo e ancho da paisaxe ourensá», pódese ler na acta sobre o traballo do artista autodidacta de Xinzo de Limia]]> «É unha viaxe completa polas diferentes máscaras que hai ao longo e ancho da paisaxe ourensá», pódese ler na acta sobre o traballo do artista autodidacta de Xinzo de Limia
18 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O escultor Xusto Gude Méndez é o gañador da primeira edición do premio Talento Eurorrexión 2024, da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, co proxecto Máscaras do Mundo. O xurado concedeu o premio por unanimidade, entre as 18 candidaturas recibidas. «É unha viaxe completa polas diferentes máscaras que hai ao longo e ancho da paisaxe ourensá», pódese ler na acta. Xusto Gude, de 61 anos, é un artista autodidacta de Xinzo de Limia (Ourense), terra onde o entroido está moi arraigado.

O vencedor recibirá unha escultura creada pola artista galega CH Sueiro, que entregará a Gude o subdirector da AECT Galicia ? Norte de Portugal, Xosé Lago, en presenza da directora do Festival IKFEM, Andrea González, o sábado, 20, na antiga ponte internacional sobre o río Miño, entre Tui e Valença. Esta acción realízase en paralelo ao festival 2024, iniciativa cultural transfronteiriza que ten o apoio da entidade.

Archivado en: Escultura Portugal Arte Xinzo de Limia Carnaval

]]>
¡Veña, todos a trotar e a bailar! https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/02/04/vena-trotar-bailar/0003_202402O4C6991.htm Sat, 03 Feb 2024 17:32:00 +0000 https://xinzodelimia.com/la-voz-de-galicia/vena-todos-a-trotar-e-a-bailar/ Troteiros, felos ou cabreiros visitaron as aldeas dos seus municipios]]> Troteiros, felos ou cabreiros visitaron as aldeas dos seus municipios
03 feb 2024 . Actualizado a las 18:35 h.

Este sábado foi o entroido máis enxebre. O das aldeas e dos pobos. Daqueles que foxen das aglomeracións, das disco móbil e das comparsas e que viven a festa dende a tradición. E os entroideiros non se esquecen deles. Troteiros, felos ou cabreiros recorre ron o seus municipios buscando o aplauso, os sorrisos e, por que non, un bo licor café. Pero tamén estrearon traxes ou os desempoaron e practicaron a marcha antes dos días grandes do entroido.

Ás nove da mañá, un grupo de troteiros de Bande colleu o microbús de camiño á serra. Menos dunha vintena —onte fallaron uns poucos— tomaron camiño a Rubiás. Foi a primeira aldea á que chegaron en tempo. Porque o entroido, e menos o que se vive dentro das casas, non se mide en minutos senón en agarimos. E non se pode rexeitar unha invitación. Así bailaron, tocaron e compartiron abrazos nos trinta pobos polos que descorreu a súa marcha. Comeron bica, galletas, todo tipo de larpeiradas. E beberon tamén. Non só licor café, tamén viño, zumes e auga, porque a marcha foi longa.
Dous troteiros concentraron as miradas dos veciños: os irmáns Xes e Naia. El, con seis anos, xa é un dos que ten experiencia. Este é o terceiro ano que sae. Naia, de 3, repite. O pasado participou e quixo volver. A que estaba de estrea era a súa avoa, Elisa Feijoo. «Está é a primeira vez», dicía entre risas. Así que ela encargouse de vixiar todo o tempo ós pequenos e eles de contarlle de que ía a cousa.

Tamén saíu co traxe Noli Vázquez. Esta moza xa leva tempo recorrendo os pobos: «Son troteira de toda a vida. É un sentimento, algo que mamei dende pequeniña. Sempre o quixen ser. As máscaras recuperámolas no ano 2000 e a partir de aí saín todos os anos. Só faltei unha vez que estaba enferma».
A algo máis de cincuenta quilómetros de distancia a estampa era similar. Inda que neste caso a protagonizaron os felos de Maceda. Saíron por primeira vez neste entroido e tamén tomaron a ruta dos pobos. E dun en especial. En Carguizoi participaron no fiadeiro. Os veciños abriron as portas das súas casas á musica e á festa. Antes, probaron os traxes, xa que para poñelos necesítase axuda. Cando estiveron preparados, soaron as chocas. En Muíños, foron os cabreiros os que coa súa cabeza de cabra e o seu zurrón saudaron a todos os veciños e deron a benvida ó entroido.

En Verín, los cigarrones se concentraron en la plaza en este domingo corredoiro Santi M. Amil
Os cigarróns de Verín e as pantallas de Xinzo estréanse este domingo polas rúas das vilas
Dous vértices do triángulo máxico do entroido ourensán viven hoxe un dos días máis especiais da súa festa. Inda que ó longo da semana pasada, os veciños de Verín e Xinzo puideron ver a cigarróns e pantallas recorrer ás vilas, iso era só un ensaio. Hoxe vístense de arriba abaixo, coas súas mellores galas, xa que é a primeira saída oficial deste ano. Hoxe é o domingo corredoiro.
En Verín, ás 11.30 horas, está prevista a popular concentración de cigarróns na avenida de Castela. De aí irán ás igrexas de Os Mercedarios e parroquial para recibir ó fregueses á saída de misa. Na praza da Alameda, ás 12.30 horas, haberá unha disco móbil que precederá ó pregón, a cargo de Toño Cesteiro, afamado entroideiro da vila do Támega. A orquestra M3 pechará a xornada con senllos concertos ás sete da tarde e ás dez da noite na praza García Barbón.

Mañá sairán por primeira vez as pantallas ás rúas de Xinzo. Para animar a súa presenza haberá charangas dende o mediodía ata as nove da noite. En Cualedro tamén teñen unha cita especial este domingo. A mediodía sairán os zarramoncalleiros, as damas e galáns de Carzoá e o castrón meco de Rebordondo, que esperarán ós fregueses para que os bendigan á saída de misa. Seguidamente descubrirase a escultura da máscara típica que decora a consistorial, para anunciar que empeza a gran festa do entroido.
En Trives, ás 15.30 horas desfilarán os folións; e na Mezquita, no concello de A Merca, celebran o corredoiro do galo e a festa de San Brais.

O entroido na capital vívese hoxe en Seixalbo. É o domingo oleiro e terá lugar o pregón, no que non faltarán as personaxes tradicionais desta festa: Paquita e Nicanor. A cita será pola tarde e contará coa música da charanga Sorcha.

Archivado en: Entroido Bande Carnaval Verín Xinzo de Limia

]]>