
Alerta na Limia: A choiva ameaza a produción agrícola
ADEGAL traslada á Consellería do Medio Rural a problemática existente en busca de solucións alternativas. A Limia é unha comarca cun gran potencial agrogandeiro, e como tal, as Administracións débense implicar e apostar, potenciar e protexer a actividade de todas as explotacións agrícolas e gandeiras existentes, así como facilitar as ampliacións e o relevo xeracional. […]