Xinzo acolle unha xornada sobre a muller no rural galego
O 15 de maio, a Casa da Cultura de Xinzo de Limia será o escenario da xornada «Abriendo surcos. Facendo rego», organizada pola Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (AFAMMER).
O encontro, de balde e con inscrición previa en [email protected], analizará os desafíos e oportunidades para as mulleres no medio rural, abordando temas como o emprendemento, o relevo xeracional no agro, a Lei de Titularidade Compartida e o papel da muller na calidade alimentaria.
Expertas, representantes institucionais e emprendedoras compartirán experiencias para promover a igualdade e reflexionar sobre os retos demográficos e socioeconómicos do rural.
Fonte: www.lavozdegalicia.es