A Tecedoira busca axudar a xente maior que vive en soidade

La Región

A Tecedoira leva apoio ás aldeas da Limia

O servizo A Tecedoira, do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, percorre a comarca da Limia ofrecendo actividades, compañía e apoio a persoas que precisan axuda nas aldeas.

Cada martes, en Escornabois e Nocelo de Pena, reúnen a máis de 15 persoas para obradoiros de memoria e socialización.

En Nocelo organizaron unha andaina cos veciños para recuperar a historia da parroquia. Ademais, colaboran coa asociación de mulleres As Trabes en Cualedro.

A Tecedoira tamén presta atención individual, axudando con trámites e acompañando a citas médicas, centrándose en chegar a aqueles que non solicitan axuda directamente.

Fonte: www.laregion.es

VER NOTICIA COMPLETA