Xinzo mellora a rede de saneamento para reducir perdas de auga

Diario do Limia

Xinzo de Limia mellora a súa rede de saneamento

O Concello de Xinzo de Limia executou unha mellora na rede de saneamento grazas a unha axuda de 38.000 euros da Consellería de Medio Ambiente.

A intervención, consistente na instalación dunha nova redutora, busca reducir perdas de auga e optimizar a eficiencia da infraestrutura, minimizando infiltracións e reforzando a conservación dos recursos hídricos.

Esta actuación beneficia directamente o servizo prestado aos veciños de Xinzo. O alcalde e o tenente de alcalde, xunto co delegado territorial da Xunta, visitaron a nova instalación destacando a colaboración institucional.

Xinzo foi un dos 23 concellos da provincia en recibir financiamento na edición de 2024 do programa de apoio a concellos de menos de 20.000 habitantes.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA