Rairiz de Veiga acollerá unha sesión informativa sobre Seguridade Social e emprego

Diario do Limia

Rairiz de Veiga acollerá unha sesión informativa sobre Seguridade Social e Emprego

O Concello de Rairiz de Veiga organiza unha sesión informativa para os veciños sobre temas relacionados coa Seguridade Social e o emprego, dentro do programa estatal «A Administración preto de ti».

Funcionarios do INSS, TXSS e SEPE desprazaranse ao municipio para ofrecer unha xornada práctica sobre:

  • Prestacións e subsidios por desemprego.
  • Requisitos e trámites para a xubilación.
  • Certificados dixitais e ferramentas electrónicas.
  • Informes de vida laboral e cotizacións.
  • Xestións na sede electrónica.

A data da actividade, que terá lugar no Salón de Plenos do Concello en horario de mañá, está pendente de confirmación e dependerá do interese veciñal.

É necesario un mínimo de 10 inscritos para realizar a sesión. As inscricións están abertas ata o 30 de abril no teléfono 988 465 552 ou no correo electrónico [email protected].

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA