O Hipódromo de Antela prepárase para unha xornada ecuestre histórica

Diario do Limia

O Hipódromo de Antela, en Xinzo de Limia, acolle este domingo 1 de xuño unha xornada ecuestre destacada, consolidándose como referente do mundo do cabalo en Galicia. Celebraranse o Gran Premio AECCA (cabalos árabes) e o Gran Premio Jockey Club Galicia (pura sangue galegos).

Ademais, terá lugar o inicio do I Campionato Galego de Conductores de Trote Enganchado e dúas carreiras de trote, unha puntuable para o campionato galego e outra de carácter internacional con trotadores franceses.

Este campionato impulsa o trote enganchado en Galicia, promovendo tanto a profesionais como a novas promesas. O evento conta coa colaboración de AECCA, AGCCA, a Deputación de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA