NOTICIAS XINZO | Xa se pode consultar en Internet as zonas de limpeza obrigatoria de biomasa

Diario do Limia

Xinzo de Limia facilita a consulta das franxas de biomasa obrigatorias

O Concello de Xinzo de Limia puxo a disposición dos veciños un visor cartográfico en liña, baseado na plataforma ArcGIS da Xunta de Galicia, para consultar a localización e extensión das franxas secundarias de xestión de biomasa obrigatoria no municipio.

A ferramenta permite identificar as zonas nas que é obrigatorio manter limpos os 50 metros arredor de vivendas, núcleos de poboación e infraestruturas, co fin de reducir o risco de incendios forestais.

O Concello lembra a obrigatoriedade de xestionar estas franxas, tal e como establece a Lei de Montes de Galicia, e apela á responsabilidade individual para o seu cumprimento.

Ligazón ao visor cartográfico: https://arcg.is/ve4OH0

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA