XVIII Certame Galego de Bandas de Música celebrarase en Pontevedra
A Federación Galega de Bandas de Música Populares anunciou a celebración da XVIII edición do seu Certame os días 18 e 19 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este ano o certame acada un récord de participación internacional, con bandas de Portugal, León e, por primeira vez, a Banda Sinfónica Juvenil de Caldas (Colombia).
Máis de 1.000 músicos de 18 agrupacións participarán en cinco seccións: infantil, xuvenil, terceira, segunda e primeira.
Entre as participantes na sección infantil está a Chikiband 2.0 de Xinzo de Limia (Ourense).
As bandas interpretarán unha peza de presentación, unha obra de libre elección e unha composición de autoría galega.
A entrada ao certame será gratuíta e poderá seguirse en directo a través das redes sociais da Federación.
Fonte: www.diariodolimia.gal