Falece motorista tras grave accidente na OU-531 Xinzo-Celanova
José Manuel Bahía Morales, de 51 anos e veciño de Vilar de Santos, faleceu debido ás graves feridas sufridas nun accidente de tráfico o pasado xoves na OU-531.
A moto que conducía chocou contra un todoterreo que invadiu o seu carril. Bahía Morales foi reanimado varias veces no lugar do accidente antes de ser trasladado nunha ambulancia medicalizada dende Ourense.
O seu falecemento foi certificado este mediodía.
Fonte: www.diariodolimia.gal