Vilar de Santos crea un rexistro municipal de persoas electrodependentes
O Concello de Vilar de Santos puxo en marcha un Rexistro Municipal de Persoas Electrodependentes, unha iniciativa pioneira na zona.
O obxectivo principal é reforzar a atención e seguridade dos veciños e veciñas cuxa saúde depende directamente do subministro eléctrico para o funcionamento de dispositivos médicos vitais, como respiradores ou máquinas de diálise.
Este rexistro permitirá aos servizos municipais actuar de maneira máis eficiente en situacións de emerxencia, como avarías ou interrupcións programadas, garantindo unha resposta rápida e prioritaria a estas persoas.
A inscrición pode realizarse online a través dun formulario na páxina web do concello ou presencialmente nos Servizos Sociais do municipio.
Dende o Concello animan a todas as persoas electrodependentes a inscribirse no rexistro.
Fonte: www.diariodolimia.gal