O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou a importancia de revalorizar o Entroido galego para impulsar o turismo fóra da tempada tradicional e diversificar a oferta turística en toda Galicia.
Merelles participou na presentación da X edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask, que terá lugar do 16 ao 18 de maio en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Este evento reunirá 48 mascaradas de Galicia, España e Portugal.
Participarán entroidos destacados de Ourense como o fulión e mázcaras de Manzaneda, as pantallas de Xinzo, e os cigarróns de Verín. Tamén haberá representacións de outras provincias galegas e de comunidades autónomas como Castela e León, Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Estremadura e País Vasco, ademais de catro carnavais de Portugal.
O ViBoMask inclúe actividades culturais, un mercado de produtos típicos e desfiles de mascaradas. O Entroido foi declarado Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial en marzo, e o ViBoMask contribúe á estratexia da Xunta de Galicia de promocionar o turismo no interior da provincia de Ourense.
Fonte: www.diariodolimia.gal