A Garda Civil visita o CEIP Carlos Cid Arregui no seu 50 aniversario
Con motivo do 50 aniversario do CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, o alumnado de catro centros educativos da comarca (Rairiz de Veiga, Baltar, Sandiás e Os Blancos) participou nunha xornada especial coa Garda Civil.
Os estudantes puideron coñecer de preto o traballo de diversas unidades da Garda Civil, como Tráfico, TEBYL (TEDAX), SEPRONA, USECIC, Equipo PEGASO, Seguridade Cidadá, Equipo do Plan Director, OMAP (Oficina Móbil de Atención ao Cidadán) e o Núcleo de Servizos – Escolta de Presos.
Esta experiencia permitiu ao alumnado aprender sobre seguridade, protección ambiental, tecnoloxía e valores de convivencia.
Fonte: www.diariodolimia.gal