Xinzo de Limia celebra as Vestalias 2025
O sábado 31 de maio de 2025, Xinzo de Limia acollerá as Vestalias 2025, organizadas pola A.C. Civitas Limicorum en colaboración co Concello, como preludio do 25º aniversario da Festa do Esquecemento.
O evento central será a II Concentración Nacional de Vestais, con grupos de Emerita Augusta (Mérida), Asturica Augusta (Astorga) e Xinzo, nun reencontro simbólico de cidades con pasado romano. A xornada busca visibilizar o papel da muller na historia.
As Vestalias, festas romanas dedicadas á deusa Vesta, serán recreadas cun programa que inclúe:
- 20:30 h – Desfile (Museo do Entroido ata a Praza Maior)
- 21:00 h – Teatro: “Vesta é a Lei”
- 21:30 h – Espectáculo: “O lume que nos une”
- 22:15 h – Danza do Lume Sagrado
- 22:30 h – Lanzamento de farois
- 23:00 h – Desfile final
As actividades terán lugar na Praza Maior.
Fonte: www.diariodolimia.gal