A Xunta activa un plan integral para tecer redes de apoio contra a soidade non desexada

Diario do Limia

A Xunta reforza a Estratexia contra a soidade non desexada con 145 millóns de euros

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou un reforzo da Estratexia contra a soidade non desexada, aprobada polo Consello da Xunta, co obxectivo de abordar este «desafío social» ligado ao aumento da esperanza de vida. A estratexia conta con máis de 145 millóns de euros de investimento.

A estratexia, detallada pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, articúlase en catro eixos: detección, sensibilización, prevención e intervención.

Entre as medidas clave, destacan a creación de redes de apoio local (comercios, bares, farmacias, etc.) para detectar casos de illamento, a elaboración dun protocolo e censo para identificar situacións de soidade, o uso do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como ferramenta de detección, e a posta en marcha dun servizo multicanle de atención específica en colaboración coa Cruz Vermella, que fará seguimento de casos e habilitará puntos de atención presenciais, comezando cun piloto con mil persoas maiores de 65 anos.

Outras accións inclúen campañas de sensibilización, programas interxeracionais, rutas culturais, apoio dixital para maiores e fomento de vivendas compartidas.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA