Alumnos de bioloxía de Xinzo e Allariz aprenden sobre aves en Lodoselo

Alumnos de segundo da ESO dos IES Lagoa de Antela (Xinzo) e IES de Allariz participaron nunha xornada lectiva práctica en Lodoselo sobre aves e natureza, guiados por Javier de las Heras, colaborador do CDR.

A actividade combinou ensinanzas teóricas con experimentación no campo, observando a avifauna da Limia. Complementouse cunha visita ao xardín sensitivo do CDR, aínda que sen froitos para degustar.

Esta iniciativa forma parte do programa «O noso espazo», financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con fondos do 0,7% do IRPF.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA