O BNG denuncia a perda de 132.000€ por unha «xestión caprichosa» na área de Deportes de Xinzo
O grupo municipal do BNG en Xinzo de Limia denuncia que a vila perderá 132.000€ debido á perda da proba deportiva de obstáculos O Camiño Race (OCR), evento que se celebrara nos últimos anos na localidade.
Segundo o BNG, a concelleira de Deportes, Cristina Campero, «cortou a liña de colaboración» cos organizadores, entre os que se atopaba o centro deportivo Fussion Fitness e numerosos voluntarios, impedindo a celebración da edición de 2025, que agardaba superar os 1.000 participantes e entrar no circuíto estatal.
O BNG critica que Campero pretenda agora «contratar a unha empresa» para organizar a proba, argumentando que isto converterá un evento comunitario nunha «deriva privada de cartos públicos».
Fonte: www.dendealimia.com