Xinzo de Limia celebra o Día das Letras Galegas homenaxeando a poesía oral feminina
O Concello de Xinzo de Limia celebrará o Día das Letras Galegas o venres 16 de maio ás 20:00 h no Auditorio da Casa da Cultura. O acto estará centrado na poesía popular oral galega e nas mulleres que a conservaron e transmitiron.
O evento incluirá a proxección dun audiovisual conmemorativo e un percorrido pola tradición oral galega.
Rematará cun concerto colectivo de grupos locais como Grupos de Pandereteiras 2 e 3 da Escola de Gaitas de Xinzo, As Bruxas, Cantaralai, As Xingras da Arca e Cantareiras da Limia, en homenaxe ás mulleres que espallaron a poesía oral a través da música.
Fonte: www.dendealimia.com