Xinzo celebra a «Foliada das Letras» con música e patrimonio oral
O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración cos EDLG dos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía, organiza a «Foliada das Letras» o 16 de maio na Praza Maior.
Este evento festivo e participativo, que terá como protagonistas ás pandereteiras, forma parte dun proxecto máis amplo de recuperación e divulgación do patrimonio oral galego, especialmente as cantigas populares da comarca.
Como parte da iniciativa, creouse un roteiro de cantigas en diferentes espazos da vila, con fragmentos de pezas tradicionais. Un mapa interactivo dixital permite seguir o percorrido.
O proxecto busca dar visibilidade ao papel das pandereteiras e das mulleres na transmisión da poesía oral galega, homenaxeando a súa contribución á cultura galega no marco das Letras Galegas 2025.
Fonte: www.dendealimia.com