Sufocado en poucos minutos un incendio no antigo matadoiro

Dende A Limia

Ao redor das 12:30 desta mañá, un incendio declarouse no antigo matadoiro de Xinzo. Unha dotación de bombeiros de Xinzo extinguiu o lume en 15 minutos.

A Policía Local, a Garda Civil, Protección Civil e o alcalde desprazáronse ao lugar. O alcalde intentou contactar cos propietarios actuais, a Fundación S. Rosendo, sen éxito.

As primeiras investigacións apuntan a que o incendio foi provocado, xa que dúas portas do edificio estaban abertas e o lume afectou papeis da antiga oficina.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA