Obradoiro de Canto e Cantigas Populares en Sandiás
O pasado 17 de maio, o Salón de Actos da Casa de Cultura de Sandiás acolleu un obradoiro de canto vocal e cantigas populares con arredor de medio centenar de participantes.
A actividade, organizada polo Concello de Sandiás en colaboración co Proxecto Cultural da Furgoteca, buscaba homenaxear a música popular oral galega no marco da dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras.
O obradoiro, de carácter gratuíto e financiado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, foi dinamizado por Lucía Casal (UVIGO) e Cristina Asenjo (IES San Mamede, Ourense), quen realizaron unha sesión didáctica e práctica sobre historia das cantareiras e técnica vocal.
O alcalde Felipe Traveso e o concelleiro de cultura Pepe Gándara realizaron unha breve presentación. Os asistentes participaron activamente en cantigas, pandereitadas e exercicios de relaxación.
Fonte: www.dendealimia.com