​Por cuarto ano consecutivo a A. C. A Pantalla volve a celebrar a Feira das Mozas, o vindeiro 10 de maio.

Dende A Limia

Xinzo de Limia celebra a IV Feira das Mozas

A Asociación Cultural «A Pantalla», en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, organiza a cuarta edición da Feira das Mozas o 10 de maio. O evento busca recuperar a historia das feiras limiás e poñer en valor os saberes tradicionais.

Haberá música con «Lirolaio», «Tarde Piache», «Os Ghalos d’Antioquia» e a A. C. Santaia de Oleiros, ademais dunha verbena con «Música de Cecebre». Tamén se celebrará o 3º Mercado de Artesanía con oficios tradicionais como cestería e traballo co liño.

Para os máis pequenos, destaca a actuación de Os Monifates con monicreques e instrumentos tradicionais. O alcalde Amador Díaz salientou o valor da celebración para recoñecer a historia e revivir o espírito de feira como punto de encontro e tradición.

A organización anima aos veciños a participar vestidos como na década dos 50, a época de maior esplendor das feiras.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA