Pazolandia: Máis de 8.000 m² de diversión!
Pazolandia ofrece máis de 8.000 metros cadrados de actividades distribuídos en dous pavillóns interiores e unha ampla zona exterior. No exterior atoparás as atraccións máis grandes e emocionantes, perfectas para os máis aventureiros, xunto con diversas opcións de restauración e xogos de habilidade.
Este ano, como gran novidade exterior, estrearemos o «Martillo Kamikaze», un espectacular péndulo de dobre eixo con xiros de 360 graos!
Pavillón Auxiliar: Diversión para os máis pequenos
No pavillón auxiliar, os máis cativos atoparán atraccións deseñadas especialmente para eles: un tren familiar, inchables, carruseis, unha completa ludoteca con parque de bolas e unha zona de xogos con as últimas novidades do mercado.
Pavillón Principal: Emoción para todas as idades
Na planta baixa do pavillón principal, poderás gozar de emocionantes atraccións como os tirachinas, a montaña rusa Tigre e o circuíto de motos. E como gran novidade este ano, estrearemos unha pista de patinaxe sobre xeo!
Na primeira planta do pavillón principal, encontrarás obradoiros de maquillaxe, pintado de caras, globoflexia e unha zona dedicada ás últimas novidades en videoxogos, incluíndo simuladores de condución.
Fonte: www.dendealimia.com