PSdeG-PSOE denuncia a falta de auga potable en Gudín (Xinzo)
Xinzo de Limia, 15 de maio de 2025. O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia denuncia a «grave» situación que sofren os veciños de Gudín pola falta de subministración de auga potable. Solicitan ao concello axilizar os trámites para restablecer o servizo.
Segundo o PSdeG-PSOE, a veciñanza está a mercar auga para consumo humano debido a que o subministro municipal é insuficiente. Elvira Lama Fernández, voceira socialista, sinala o «total abandono e desamparo» por parte do concello.
A comunidade de usuarios cedeu a titularidade da concesión de augas ao concello en febreiro, decisión aprobada por unanimidade no plenario. O PSdeG-PSOE demanda ao alcalde que axilice os trámites ante a concesionaria Viaqua e que, mentres tanto, se atenda á veciñanza cun camión cisterna homologado.
Fonte: www.dendealimia.com