Gala Contra o Cancro: Oito anos enchendo o Auditorio
Oito anos enchendo o Auditorio Municipal grazas a esta cita solidaria que reuniu a referentes do mundo da música, a danza, o humor e a interpretación. Artistas como Susana Seivane, Lucía Pérez, Emilio Rúa, Daniel Minimalia, Luís Emilio Batallán, Rosa Cedrón, Guadi Galego, Xosé Manuel Budiño, Lys Pardo, Monoulious DOP, Xabier Vizcaíno, Xestreu, Andrea Pousa, Davide Salvado, O Sonoro Maxín, Sabela e Lucía Rodríguez, entre moitos outros, participaron nas edicións anteriores. Este ano, a celebración terá lugar o domingo 12 de xaneiro no Auditorio da cidade.
Desde o comezo das festas de Nadal, as entradas están á venda en diferentes puntos da cidade: a Asociación Española contra o Cancro de Ourense, a estación de servizo Mariñamansa, a estación de servizo Pérez Rumbao, La Central Heladera, Saudeter Ourense e o Café Bar Cento5 en Seixalbo.
O organizador, David Rodríguez, destaca: “Este ano queremos seguir enchendo o Auditorio como nas pasadas edicións, cun novo horario e xornada que permite tamén aos máis cativos achegarse ao evento”.
Programación desta edición:
Tras oito anos, a organización ofrece unha variedade de estilos e propostas artísticas para todos os públicos. O Grupo de Baile Saudeter Ourense presentará a súa danza urbana. Pili Pampín, tras a súa colaboración con Ortiga e a súa participación en televisión, volverá ao escenario. Xunto a ela, Tania Veiras, cantante, presentadora e produtora musical, cun repertorio variado e con experiencia compartida con Pili Pampín. Os Gin Toni´s, grupo ourensán e da Ribeira Sacra que versiona clásicos da música española, porán o broche final. E dende Viana do Bolo, o mago Teto completará o cartel. A gala estará conducida por Lucía Regueiro e Lucía Veiga.
Patrocinadores e colaboradores:
A Gala Contra o Cancro conta co patrocinio do Concello de Ourense, Auditorio Municipal de Ourense, Deputación de Ourense, Abanca, Clínica Dental Parracía e Pérez Rumbao e a colaboración de Abella Creativa, 20 de Vyrras, Aleuto Medios Dixitais, Grupo Cuevas, Bodegas Gallegas, Redeiras, OSI Gourmet, Coren, Saudeter, Agapé Liceo e Estilo Único.
Fonte: www.dendealimia.com