Gabriel G. gaña o I Certame de Relato Curto Jaime Olmedo Limeses
O relato «Regulus, un gato valente», de Gabriel G., alumno do CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga (Ourense), foi o gañador na categoría infantil do I Certame de Relato Curto Jaime Olmedo Limeses.
A entrega de premios terá lugar o sábado 17 de maio no Museo de Pontevedra. O certame está promovido por Avigal e Antela Editorial para honrar a figura de Jaime Olmedo Limeses e fomentar a creación literaria en galego.
No caso de non poder asistir o centro educativo, a organización prevé un acto de entrega no propio colexio.
Fonte: www.dendealimia.com