Entrega do I Premio Jaime Olmedo Limeses de Novela Infantil e de Relato
Coincidindo co Día das Letras Galegas, celebrouse no Museo Provincial de Pontevedra a entrega do I Premio Jaime Olmedo Limeses de Novela Infantil e de Relato.
Ramón D. Veiga recibiu o premio de novela infantil, dotado con 3.000 euros, pola súa obra Pernascochas, publicada por Antela Editorial.
Na categoría de relato infantil, o galardoado foi Gabriel Graña pola súa obra «Regulus un gato valente».
Avigal e Antela Editorial promoven o certame co obxectivo de fomentar a creación literaria en galego desde a infancia e consolidarse como referencia no apoio á literatura infantil en galego.
Avigal agasallou 1.500 exemplares de Pernascochas nos seus puntos de venda.
Fonte: www.dendealimia.com