O Padroado do Museo Etnolóxico da Limia e o concello de Vilar de Santos homenaxearán ás cantareiras da Limia polo Día das Letras Galegas, dedicado á música tradicional. A homenaxe inclúe a Concha Dacal Álvarez, Mª Cristina Gómez Gómez, Hermelinda Seguín Matías, Avelina Limia, Celia Quintas, Mª Gracinda Gomes Ferreiro, Dorinda García Ferreiro, Isabel e Concha Jardón Pérez, Carmen e Dolores Bouzas Quintas, Isabel Santana Bouzas e Celsa Seguín Valencia.

O Museo da Limia, que xa publicou catálogos de música tradicional como «Os sons da Limia» (2009), recibiu unha compilación de cantares da zona, recollidos por Francisco Rodríguez e dixitalizados por Baldomero Iglesias (Mero). Unha selección desta recompilación está dispoñible na web do Museo.

O museo inicia a promoción e divulgación deste material na súa páxina web: https://www.museodalimia.com/letras-galegas-2025-musica-tradicional-da-limia/

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA