Condena por corrupción de menores en Xinzo
Un home de 84 anos, veciño de Xinzo, José V.G., foi condenado a dous anos de prisión por un delito de corrupción de menores. Os feitos ocorreron en novembro de 2022, cando o acusado se achegou en varias ocasións a unha moza de 16 anos para ofrecerlle diñeiro a cambio de relacións sexuais.
Durante o xuízo, celebrado este mércores, o acusado admitiu os feitos e recoñeceu que lle propuxo á menor manter relacións sexuais a cambio de 20 euros. O incidente produciuse na estación de autobuses de Xinzo.
O acusado aceptou a pena imposta, que inicialmente se solicitaba de 3 anos de prisión, reducíndose a 2 anos grazas a un acordo de conformidade entre a fiscalía e a defensa. Aínda que non ingresará en prisión, impuxérlle unha orde de aleixamento de 150 metros respecto da denunciante durante 5 anos, e prohíbeselle calquera tipo de comunicación con ela. Cabe destacar que xa o 25 de novembro de 2022, o Xulgado Mixto de Xinzo dictou unha orde que lle prohibía achegarse á menor e comunicarse con ela.
Fonte: www.dendealimia.com