Remate da Asemblea da AEFRH en Xinzo
Despois dun desfile polas rúas de Xinzo de Limia, os participantes na asemblea xeral da Asociación Española de Fiestas y Recreaciones Históricas (AEFRH) asistiron a unha cea ofrecida por Civitas Limicorum e o Concello de Xinzo, co apoio de Turismo de Galicia.
A cea marcou o final dos actos da asemblea. Ao evento asistiron o alcalde Amador Díaz, o delegado da Xunta en Ourense, o presidente da AEFRH, o presidente de Cívitas Limicorum e os concelleiros Carlos Gómez e Cristina Campero.
Fonte: www.dendealimia.com