​Auga Limpa Xa reactívase en apoio á demanda contra as Administracións pola contaminación das augas da Limia

Dende A Limia

A plataforma veciñal AUGA LIMPA XA retoma a súa actividade na Limia para apoiar a demanda presentada por veciños das Conchas (Lobeira) contra a Xunta, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e os concellos de Bande, Muíños, Lobeira, Trasmiras e Os Blancos. A demanda denuncia a contaminación «permitida durante décadas» do encoro das Conchas.

Auga Limpa Xa advirte que as augas da Limia están contaminadas, constituíndo un risco para a saúde, e denuncia a inacción das administracións a pesar das alertas e estudos previos. Critican o incumprimento do Plan Estratéxico da Limia.

A plataforma esixe un estudo epidemiolóxico da Consellería de Sanidade, medidas urxentes contra a contaminación por parte das consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, e un aumento dos puntos de mostraxe por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, así como a declaración de Zona Vulnerable por contaminación de nitratos.

Nas próximas semanas, a plataforma anunciará accións informativas sobre este problema de saúde pública na Limia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA