Ruta da Raia Seca percorrerá a fronteira entre Galicia e Portugal
Mañá celebrarase a Ruta da Raia Seca, un percorrido de 450 km que atravesará a fronteira entre Galicia e Portugal, concretamente a zona de Tras os Montes.
A ruta pasará polos concellos ourensáns de Xinzo, Baltar, Oimbra, A Mezquita, Calvos de Randín e Muíños, e polos municipios portugueses de Montealegre, Boticas, Vinhais e Braganza.
Haberá cinco puntos de control: Xinzo (saída e chegada), Montealegre, Oimbra, A Mezquita e Braganza.
Motoristas de España gozarán das paisaxes, a historia e a gastronomía da zona fronteiriza.
Fonte: www.dendealimia.com