​A exposición polo 50 aniversario da Casa de Rosalía chega a Xinzo de Limia

Dende A Limia

Exposición sobre a Casa de Rosalía en Xinzo de Limia

A praza Carlos Casares de Xinzo de Limia acolle ata o 18 de maio a exposición itinerante «A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía». A mostra, organizada pola Fundación Rosalía e comisariada por Pepe Barro, repasa a historia da Casa-Museo de Rosalía de Castro, destacando o esforzo colectivo para a súa adquisición e musealización durante a ditadura franquista.

A exposición en Xinzo é posible grazas á colaboración da Fundación Rosalía, a Deputación de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA