A Deputación mobiliza 353.000 euros en cooperar con concellos, asociacións veciñais e entidades deportivas da provincia

Dende A Limia

A Deputación de Ourense mobiliza 353.000 euros para concellos, asociacións e deportes

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial aprobou unha inversión de 353.000 euros destinados a diferentes áreas da provincia.

Cooperación cos Concellos (292.000 euros):

  • Maside: 150.000 euros para a renovación do céspede e mellora do alumeado do campo de fútbol.
  • Paderne de Allariz: 50.000 euros para o abastecemento en Abeirada, A Aira e Baamonde.
  • Maceda: 50.000 euros para mobiliario urbano na rúa Aureliano Ferreiro.
  • Viana do Bolo: 30.000 euros para o acondicionamento e bacheo en Fornelos de Cova.
  • Celanova: 12.000 euros para actividades lúdicas e culturais.

Asociacións Veciñais (43.000 euros):

  • Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense: 7.404,23 euros.
  • Agrupación Veciñal do Rural e Periferia de Ourense Miño: 17.062,94 euros.
  • Federación Limiar: 18.532,83 euros.

Eventos Deportivos (18.000 euros):

  • Gladiator Family (Muíños): 8.000 euros.
  • Rally Sprint (Ramirás): 10.000 euros.

Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor (2025):

Aprobadas as bases e convocatoria da XLIV edición, dotado con 15.000 euros e publicación da obra gañadora.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA