“A árbore do pan”, do escritor e músico verinense Edelmiro Mateo en Sandiás

Dende A Limia

 O  sábado 18 de maio,  o Concello de Sandiás  acolleu a presentación do libro “A árbore do Pan” do prolífico escritor, editor e músico verinés Edelmiro Mateo García. Este texto, de Edelmiro Mateo, está ilustrado, con láminas en acrílico, pintadas e deseñadas por Olimpia Seoane, unha pintora autodidacta que coa súa colaboración converteu o relato nun libro-arte.
 
 Coma sempre, o acto convertiuse nunha oportunidade de gozar da música en directo. O propio Edelmiro Mateo acompañado do seu acordeón en cada unha das presentacións dos seus libros, convertiu o acto nun evento que mesturou literatura e música así como textos leídos en voz alta.
 
A “Árbore do pan”, como adoitaban chamar ao castiñeiro é unha obra que nos mergulla na vida dos soutos de castiñeiros e nas castañas. Trátase dun eloxio ao castiñeiro onde se recolle a memoria comunitaria fixada na madeira a través dunha historia fabulada onde se resalta o valor ecolóxico-paisaxístico, gastronómico, económico, etnográfico e tamén como metáfora do ciclo da vida.
 
Os 15 participantes no acto poderon adquirir un exemplar do libro na mesma Casa de Cultura de Sandiás e firmado polo autor.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA