3 compoñentes da Agrupación Musical da Limia dentro da Banda Sinfónica Galega acadaron o primeiro premio no Certame Internacional de Bandas de Música «Ciutat de València»

Dende A Limia

A Banda Sinfónica Galega (BSG), dirixida por David Fiuza e composta por 64 músicos galegos de entre 15 e 28 anos, gañou a 137ª edición do CIBM Ciutat de València na sección libre, acadando 352 puntos.

Organizada pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP), a BSG interpretou no Palau de la Música obras de compositores galegos: «Bodas de Sangre» de León Durán e «Choivas das Cíes» de Luís Serrapio Fernández.

A agrupación preparou o repertorio en Lugo antes da súa actuación en Valencia. O proxecto contou co patrocinio da Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA