A Limia News | Blogs https://xinzodelimia.com Noticias de Xinzo de Limia e da comarca da Limia. Falamos sobre Xinzo, o Entroido, a Festa do Esquecemento e calquera outra noticia de interés. Thu, 06 Mar 2025 11:27:50 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.8.1 https://xinzodelimia.com/wp-content/uploads/2024/03/cropped-ic_launcher-playstore-32x32.png A Limia News | Blogs https://xinzodelimia.com 32 32 OUTRAS MULLERES ILUSTRADAS E TRABALLADORAS DA LIMIA. https://historiadexinzo.wordpress.com/2025/03/06/outras-mulleres-ilustradas-e-traballadoras-da-limia/ Thu, 06 Mar 2025 11:27:50 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/outras-mulleres-ilustradas-e-traballadoras-da-limia/ Fai algún tempo por iniciativa do CDR O Viso de Lodoselo e o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo, presentouse un libro co título de Mulleres ilustradas da Limia. Lamentablemente non asistín xa que non me decatei da presentación na Casa da Cultura  de Xinzo. Recoñezo que me sorprenderon algúns nomes, pero sen desmerecer a…]]> Fai algún tempo por iniciativa do CDR O Viso de Lodoselo e o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo, presentouse un libro co título de Mulleres ilustradas da Limia. Lamentablemente non asistín xa que non me decatei da presentación na Casa da Cultura  de Xinzo. Recoñezo que me sorprenderon algúns nomes, pero sen desmerecer a ninguén das nomeadas, coido que se esqueceron moitas mulleres, e seguro que inda nos faltarían grandes mulleres que merecían figurar no libro, especialmente do rural. Relaciono aquí algunhas das que me lembro:
Mulleres que sufriron morte e represión:
Anxela Sampedro Piñeiro, de Pazos de Codesedo (Sarreaus), a dona do guerrilleiro Juan Sorga, pola súa relación conxugal foi detida varias veces e xulgada nas causas 138/49 e na 185/49, sendo condenada a dous anos de cadea. Segundo testemuñas orais recibiu moitas malleiras e sufriu abusos sexuais nos seus encerros no cárcere de Sandiás, ante tanta brutalidade, nun descoido dos gardas, intentou suicidarse facéndose varias feridas de arma branca.
Delfina Lamas Clemente,  veciña das Pegas (Sandiás), nai de tres fillos; un mobilizado na guerra, outro de 12 anos e outro inútil. A muller, cando mobilizaron ao único fillo que axudaba na casa, atopándose cocendo pan no forno de Sandiás, fixo uns comentarios críticos sobre a guerra e o que estaba a pasar, xa que lle quitaban o seu medio de vida. Alguén que escoitou os comentarios o puxo en coñecemento dos falanxistas locais, foi detida e ingresada no cárcere de Xinzo, unha noite foron por ela e matárona cerca do monte do Furriolo e Rairiz de Veiga, enterrada no cemiterio de Rairiz como unha muller descoñecida.
Para ver outras mulleres represaliadas:  https://historiadexinzo.wordpress.com/2021/07/05/memoria-historica-doutras-mulleres-represaliadas-da-limia-1936-1950/
Mulleres negociantes que foron as matriarcas das súa familias:
Blanca Asorey, Antonio Gelpi e Blanca Asorey tiveron 12 fillos: Antonio (o maior) Lucas, Elisa, Pepita, Pura, María Teresa, Castita, Carmina, Manolo, Blanca, Luis e Álvaro. Morto Antonio a viúva Blanca, trasladase sobre os anos 30 do século pasado a Xinzo con varios dos seus fillos, para facerse cargo da casa e o almacén de ultramarinos do irmán de Blanca, Manolo Asorey, que se trasladara para Santiago de Compostela. Blanca Asorey e familia rexentou case todo o século XX en Xinzo, os coñecidos Almacenes Asorey de alimentación e bebidas, que vendían na tenda do baixo da casa familiar, na Praza Maior, e tamén ao por maior por todos os concellos da comarca da Limia.
Celia Alonso Durán. A miña tía Celia e meu tío Manolo Cerredelo, fixéronse cargo da tenda de ultramarinos, na década dos anos 40 do século pasado,  que traspasaran o seu irmán e cuñado Manuel Alonso que se trasladou a Vigo. En 1962 falece prematuramente meu tío Manolo, e Celia cos seus fillos Sindo e Manolo continúan co negocio. A tenda foi un referente en alimentación na vila xunto cos Asorey e os almacenes Díaz. En 1967 trasladan o almacén e a tenda a rúa Curros Enríquez onde están na actualidade coa mesma actividade, sendo os maiores distribuidores da Limia de alimentación e bebidas. Posteriormente amplían o negocio á distribución de bebidas.
Felicia Duran Ojea, que foi durante máis de tres décadas de traballo a alma da cociña primeiro da Fonda Ledo, na hoxe Rúa Curros Enríquez, e posteriormente no Hostal Avenida na actual Rúa de Ourense.
Pura Gómez Losada, a xefa da excelente cociña que tiña o bar restaurante Maragón, un dos mais acreditados de Xinzo no seu tempo e rexentado por mulleres, desde os anos 50 ata polo menos os anos 70.
Corona Cerredelo Pardo, que demostrou o seu arte na cociña primeiro na taberna El Retiro na Praza de San Roque, logo no bar Platillo Volante na rúa dos viños e despois no bar restaurante Gran Taberna na hoxe Avenida de Madrid, desde mediados dos anos 40 ata o ano 1974 aproximadamente. Meus pais foron os primeiros negocios de hostaleira que puxeron de moda as “tapas” en Xinzo. A diferencia doutros cociñeiros nunca lle negou unha receita de cociña a ninguén, fora cliente ou competidor, lembro nos anos 60 a Amalia Gómez Manso na cociña coa miña nai transmitíndolle coñecementos e consellos cando estaba comezando coa restauración no Novaiño.
Mulleres da Limia pioneiras en estudos superiores:
Vaia por diante que estas mulleres tiveron a sorte de nacer e crecer en familias con recursos suficientes para poder darlles unha educación, que naqueles tempos poucas familias se podían permitir. No obstante teñen moito mérito dado o esforzo que tiñan que realizar, case sempre fora da súa casa, e nunha sociedade patriarcal que reservaba para elas o lugar de amas de casa.
Dolores Salgado Feijóo. Naceu o ano 1912. Estudou a carreira de mestra en Santiago, onde coñeceu o seu home, o granadino José Prieto Puertas, que estudaba farmacia. Debeu acabar a carreira de maxisterio nos anos 30/40. A lembro de mestra con escola en Xinzo.
Rosa Salgado Feijóo. Estudou bacharelato nas Carmelitas de Ourense, quería facer Química en Santiago pero seu pai pediulle que primeiro fixera maxisterio, título que debeu aprobar a mediados dos anos 40. Exerceu de mestra en varias escolas ata que tivo destino en propiedade en Parada de Riveira. En 1945 fai prácticas na escola de  Rebordachá. Entre os anos 1946-1952 exerce en Seoane de Oleiros e San Pedro de Laroá, en 1952 consigue destino en propiedade na escola en Parada de Ribeira, nese mesmo ano colle a excedencia por matrimonio e trasladase coa familia a Valladolid onde reside desde 1952 a 1963. Incorporase de novo ao maxisterio e ten destino provisional en Castro de Laza (1964/65) e Rebordondo (1964/69), en 1969 recupera a propiedade de Parada de Riveira ata 1974 que coa concentración escolar exerce no Ceip Rosalía de Castro de Xinzo ata o ano 1988. Casada co comerciante Carlos Gómez García tiveron e criaron unha familia numerosa de seis fillos.
Isabel Penín Rodríguez. Unha limiá pioneira na universidade, logo de sacar o título de mestra, faise farmacéutica, licenciaturas conseguidas nos anos 40 e 50, que rexentou a farmacia Penín, nos anos 50 ata o seu prematuro pasamento o ano 1962, labor que continuou o seu marido Recaredo ata a terminación dos estudos de farmacia do seu fillo Antonio Gómez Penín que rexenta a farmacia na actualidade.
Adela Carril Fernández, viúva do farmacéutico Celso Peláez, falecido prematuramente en 1948, tivo que facerse cargo da farmacia ata que a súa filla Adelita que estaba facendo o bacharelato, acabara a carreira de farmacia. Doña Adela estivo ao fronte da botica desde o ano 1948 ata que traspasaron a farmacia a Elena Baliña en 1972.
Adelita Peláez Carril. Filla de Doña Adela Carril e de Celso Peláez, outra limiá que acada o título de farmacéutica en 1954, facéndose cargo da farmacia do seu pai. Casou cun enxeñeiro catalán en 1960 e viviu en Ourense ata 1966 que se marchan para Cataluña. O ano 1972 traspasa a farmacia de Xinzo e rexenta outra en Barcelona.
Nieves de Saa Carrera, outra das poucas mulleres da Limia con carreira universitaria, debeu acabar a carreira de farmacia sobre finais dos anos 50, ou comezo dos anos 60, xa que se estableceu como farmacéutica en Sabarís (Baiona) en 1963 e xubilouse cando tiña 75 años, inda que nunca deixou de ir cada día á farmacia. Faleceu o 28 de marzo de 2024 a los 91 años.
Muller con alma de artista e inquietudes culturais:
Rosa Caval Martínez. Unha mexicana que chegou a Xinzo pola súa irma, casada co secretario do xulgado de instrución, e acabou quedando por amor, casando con Camilo Peláez, tiveron cinco fillos. Foi unha gran promotora cultural desde os anos 40 aos 70. Moi afeccionada ao teatro, organizou, colaborou, ensinou e dirixiu moitas obras de teatro que se celebraron en Xinzo neses anos, tanto no Casino como no Cine Los Molinos.
Seguro que inda quedan moitas mais por localizar e dalgunhas carezo de datos concretos.

]]>
Historias da emigración de limiaos ás Américas: José Ramón Pérez Cid (Piñeira Seca, 1901-Xinzo, 1961). https://historiadexinzo.wordpress.com/2024/11/21/historias-da-emigracion-de-limiaos-as-americas-jose-ramon-perez-cid-pineira-seca-1901-xinzo-1961/ Thu, 21 Nov 2024 11:02:54 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/historias-da-emigracion-de-limiaos-as-americas-jose-ramon-perez-cid-pineira-seca-1901-xinzo-1961/ A emigración galega a América entre finais do século XIX e mediados do XX, foi un fenómeno significativo que reflectiu as dinámicas sociais, económicas e políticas da época. Impulsada pola pobreza, a crise económica, trala Primeira Guerra Mundial, e a falta de oportunidades en Galicia, miles de galegos buscaron un futuro mellor en países como…]]> A emigración galega a América entre finais do século XIX e mediados do XX, foi un fenómeno significativo que reflectiu as dinámicas sociais, económicas e políticas da época. Impulsada pola pobreza, a crise económica, trala Primeira Guerra Mundial, e a falta de oportunidades en Galicia, miles de galegos buscaron un futuro mellor en países como Arxentina, Uruguai, Cuba e Brasil. Estes emigrantes, na súa maioría campesiños e traballadores non cualificados, enviaban remesas que axudaron a soster e sacar da miseria ás súas familias en Galicia.
A través de diversos documentos deste limiao, podemos coñecer parte do seu periplo por diversos países durante a súa emigración ás Américas; así como a súa actividade política e comercial ao seu regreso, cando se establece en Xinzo cunha tenda mixta de ultramarinos e taberna.
O seu periplo na emigración comeza o día 4 de decembro de 1920: Con 18 anos merca billete de emigrante, persoal e intransferible emitido en Vigo pola consignataria “Joaquín Loredo e Cia”. Para viaxar no barco Henry R. MALLORY[1], da compañía New York and Cuba mail Streamship. Company, con destino a New York. Billete pagado en efectivo por importe de 600,10 pesetas. Autorizado e firmado o embarque polo seu pai Secundino Pérez de Piñeira Seca.

Sete anos despois o día 27 de agosto de 1927: Sabemos polo salvo conduto emitido polo Vicecónsul Honorario de España con residencia en Brownsville ( Texas-USA), coa inscrición: “De vuelta a su país por las autoridades de E.U.A”. Desembarca no porto francés da cidade do Havre con data 18 de setembro de 1927, e atravesa a fronteira española por Irún o día 19 de setembro de 1927.

Non temos datos pero non tarda en emigrar a Cuba, onde xa figura ó mes seguinte en Octubre do ano 1927, na filiación de “Empleados y Obreros” da “Empresa Naviera de Cuba”,  como cantineiro do vapor cubano “Eusebio Coterillo”[2].

Sabemos que continúa en Cuba xa que o día 2 de setembro de 1932: Solicita inscrición na “Secretaría de Gobernación”, “Registro de Extranjeros de la República de Cuba” na cidade da Habana. Uns días despois o 23 de setembro de 1932 recibe o carné de “Registro de Extranjeros” e ”Certificado de inscripción”.
O día seguinte, 24 de setembro de 1932: recibe o “Carnet de Mar de la Marina Mercante de la República de Cuba” do porto da Habana, documento onde se rexistran os embarques e o historial de navegación.
Pouco tempo despois, con data 1 de xaneiro de 1934 coñecemos que cambiara de oficio, xa que figura como asociado ao “Sindicato Nacional de elaboradores de madera, como cajonero y similares”. Continua na illa de Cuba e con data 1 de febreiro de 1934, presenta a solicitude da cidadanía cubana, no “Juzgado Municipal de Regla”, folio 359, Tomo 4. Con data 1º de maio de 1934: Recibe un documento como excedente na filiación de “Empleados y Obreros” da “Empresa Naviera de Cuba”,  empresa na que traballou como cantinero do vapor cubano “Eusebio Coterillo”.

Prepara a documentación para regresar a súa terra e o 6 de maio de 1935: O “Consulado General de la Habana”, expide pasaporte nº 1129 con validez ata o 6 de maio de 1936.  No pasaporte figura con data 27 de maio de 1935 un visado selado no que figura o “Vapor Comercial Cristobal Colón”[3], no que seguramente regresa definitivamente a España.

José Ramón xa con 33 anos e 15 de emigrante, regresa a Xinzo desde a Habana posiblemente no mes de xuño do ano 1935. Non coñecemos a data exacta pero casa con Esperanza Bolaño?, e establecese cun negocio de ultramarinos e taberna na rúa Progreso de Xinzo,  nun local dunha antiga casa dunha planta na que, nun dos dous locais, estaba a oficina de correos e na outra o seu negocio. Polo solar que había ao lado, un camiño levaba a parte traseira onde tiña as cuadras, neste lugar é onde os labregos que viñan a vila e mercaban no seu negocio, deixaban as súas cabalerías mentres estaban na vila.
José Ramóns e Esperanza non tiveron fillos, polo que as súas sobriñas de Piñeira Seca, Josefa (que en realidade se chamaba Mª Dolores), Rosa e Felisa Bolaño vivían con eles, Felisa foi a que seguiu con negocio de ultramarinos e, cando a casa foi mercada polo promotor inmobiliario Modesto Montero, para construír un novo edificio e abrir novas rúas, trasladou o negocio ao baixo do antigo edificio da Sindical, na rúa de Lepanto.
José Ramón ó seu regreso tivo un intensa actividade política, xa que se afilia aos requetés e posteriormente, logo do decreto de unificación á “Falange Española Tradicionalista y de las JONS”. Grazas as investigacións para o meu libro “Historia e memoria” coñecemos a súa actividade como integrante de distintas xestoras do concello nomeadas a dedo polo gobernador civil da provincia, sendo concelleiro e 1º tenente alcalde durante mais de 12 anos.
Con data 27 setembro do ano 1943 toma posesión como concelleiro o recen nomeado 1º tenente alcalde de Xinzo, sendo alcalde Antonio González Garrido (alcumado “o pieles) e o secretario accidental, o funcionario municipal Ramón Saa. José Ramón era activo militante da Falanxe Española Tradicionalista e das Jons.
Polos libros de actas sabemos que se celebra sesión extraordinaria no Concello de Xinzo, no mes de abril do ano 1947, baixo a presidencia de Antonio González Garrido, dando orde ao secretario para a lectura da comunicación do gobernador civil da provincia que di: “En virtude de proposta deste goberno, aprobada pola Superioridade en 18 de marzo de 1947, fanse para a xestora dese concello, os seguintes nomeamentos: Antonio González Garrido (alcalde e militante FET), Xosé Ramón Pérez Cid (1º tenente alcalde e militante FET). Posteriormente sae elixido concelleiro nas “eleccións” do día 6 de decembro de 1948 polo terzo sindical, tomando posesión en febreiro do ano 1949 novamente como 1º tenente alcalde.
En 1950 organízanse de novo as festas de Corpus, que levaban os tres últimos anos sen celebrarse por razóns económicas, para ese ano a comisión constitúese co alcalde Antonio Gonzalez Garrido de presidente e a colaboracións dos concelleiros, Xosé Ramón Pérez Cid e Luis Villarino Ramos.
En 1954 inda figura como 1º tenente alcalde na corporación municipal que preside Jesús Carlos Romero Nieto. Nese mesmo ano a corporación municipal toma o acordo de crear unha biblioteca municipal: “El régimen de la biblioteca se considerará como servicio autónomo del municipio y estará confiado a una junta que se titulará, en este caso, Junta de la Biblioteca Municipal de Ginzo de Limia, con un máximo de diez vocales, en la que, además de los representantes del ayuntamiento, figuren las asociaciones profesionales, de cultura y personalidades destacadas por su competencia, manteniendo la institución neutral y abierta para todos. […]. La corporación acuerda: Que el ayuntamiento se obliga a proporcionar un local adecuado para la instalación de la biblioteca. Que el señor alcalde urgentemente proceda a constituir la Junta de la Biblioteca Municipal de Ginzo de Limia con los siguientes miembros designados por el mismo: presidente Jesús Carlos Romero Nieto (…) Na xunta figura como primeiro vocal nato o 1º tenente alcalde, José Ramón Pérez Cid.
O seu pasamento foi o día 1ª de marzo do ano 1961 a idade de 60 anos, foi soterrado no cemiterio de Xinzo de Limia.

[1] O USS Henry R. Mallory (IDE-1280) foi un transporte da Armada dos Estados Unidos durante a Primeira Guerra Mundial. Ás veces tamén se coñecía como USS HR Mallory ou USS Mallory. Antes do seu servizo na Mariña, foi USAT Henry R. Mallory como barco de transporte do exército dos Estados Unidos. Desde o seu lanzamento en 1916, e despois do seu servizo militar na Primeira Guerra Mundial, foi coñecida como SS Henry R. Mallory para as Mallory Lines. Obrigada  a compañía para entrar en servizo como buque de tropas na Segunda Guerra Mundial, pola Administración de Transporte de Guerra, foi torpedeada polo submarino alemán  Ou-402 no Océano Atlántico Norte e afundiuse coa perda de 272 homes, máis da metade dos que estaban a bordo.
[2] Vapor de 818 Tm. fora construído o ano 1906 nos astilleros Bow Machlachlan en Paisley (Escocia), en servicio da empresa “Naviera de Cuba” desde o ano 1923 ata 1941, ano en que foi vendido.
[3] O Cristóbal Colón foi un vapor correo, o cal pertenceu á frota da Compañía Transatlántica. Foi construído no Ferrol pola Sociedade Española de Construción Naval (SECN) en 1916 aínda que non se entregou á navieira ata 1923, tras sete anos de construción. Sempre navegou na liña Norte de España (Bilbao, Santander e Xixón), Cuba e México (A Habana, Verá cruz e Nova York), como o seu irmán o vapor Alfonso XIII (máis tarde renomeado na República como «Habana»). Ao comezo da Guerra Civil Española atopábase en Veracruz sendo incautado polo Goberno da República. O 25 de outubro de 1936 quedou encallado nun arrecife coral unhas oito millas ao norte da illa Bermuda.

]]>
CAUSA XERAL DA GUERA CIVIL, decreto do 26 de abril de 1940: https://historiadexinzo.wordpress.com/2024/10/11/causa-xeral-da-guera-civil-decreto-do-26-de-abril-de-1940/ Fri, 11 Oct 2024 16:46:00 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/causa-xeral-da-guera-civil-decreto-do-26-de-abril-de-1940/ O día 1º de abril de 1939, Franco escribiu do seu puño e letra o último parte da contenda civil:<<En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército Rojo,  han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado>>. Non era certo. A guerra non rematara, Franco tiña razón en canto…]]> Documentos correspondientes a Causa General del A.H.N.Subdirección General de los Archivos EstatalesMinisterio de Cultura.España

O día 1º de abril de 1939, Franco escribiu do seu puño e letra o último parte da contenda civil:. Non era certo. A guerra non rematara, Franco tiña razón en canto ás grandes operacións militares, aínda así tiveron lugar accións do exército contra as guerrillas republicanas ata finais dos anos corenta, e posteriormente á guerrilla en diversos lugares de España e na provincia de Ourense ata polo menos o ano 1952. O que se viu en abril de 1939 non foi o comezo da paz e a reconciliación, senón o anuncio da institucionalización da vinganza a gran escala contra a esquerda e os republicanos derrotados, fíxose unha depuración detallada e concienciuda de toda persoa cómplice a través da Causa Xeral, a xuízo dos vencedores, de ter colaborado, ter sido republicano ou ser “desafecto” a “Nova España”. (Do meu libro Historia de Xinzo de Limia).
A Causa Xeral iniciouse trala vitoria das forzas sublevadas na Guerra Civil e o establecemento do réxime franquista. Por decreto do 26 de abril de 1940, concédense amplas facultades ao Fiscal do Tribunal Supremo para que proceda a instruír a Causa Xeral, co obxecto de pescudar os feitos delituosos cometidos en todo o territorio nacional durante a «dominación vermella». Ante a complexidade que vai adquirindo a investigación, establécese que, por Decreto do 19 de xuño de 1943, desígnese a un Fiscal Xefe da Causa Xeral que, baixo a exclusiva e directa dependencia do Ministro de Xustiza, asuma as facultades que ata ese momento tiña asignadas o Fiscal do Tribunal Supremo; aínda que, por Decreto do 25 de abril de 1958, disponse que quede de novo baixo a dependencia do Fiscal do Tribunal Supremo e restitúanselle as súas facultades. O Ministerio Fiscal, baixo a dirección do Fiscal do Tribunal Supremo, asumiu a tarefa de recoller toda a documentación que servise para tal fin, formando a denominada «Causa Xeral», ata que o Decreto-Lei do 31 de marzo de 1969 recoñeceu a prescrición das posibles responsabilidades penais por feitos acaecidos antes do 1 de abril de 1939.
Esta investigación, levada a cabo en cada provincia polos fiscais delegados para ese efecto, recolle os feitos delituosos acontecidos nos tres anos de guerra civil, baixo o Goberno republicano, e lexitimar a represión franquista. Comprendía o período desde as eleccións de febreiro do 1936 ata abril de 1939.
Cos resultados obtidos, o Fiscal Instrutor elevaba un informe resumen á Inspección da Causa Xeral que se efectuou na maioría das provincias, pero, non en todas. Esta documentación, reunida na Fiscalía do Tribunal Supremo, permaneceu, coas maiores garantías de seguridade e conservación no Arquivo acoirazado que se habilitou para tal fin, ata que a Fiscalía Xeral do Estado transferiuna ao Arquivo Histórico Nacional o 30 de xullo de 1980.
A Causa Xeral foi un instrumento político moi eficaz para o franquismo, xa que: Contribuíu á persecución política, fortaleceu a narrativa do réxime. Xerou un clima de medo e de control da poboación. Co tempo, a Causa Xeral foi obxecto de numerosas críticas desde o ámbito da historiografía e a memoria histórica pola falta de imparcialidade e o deterioro da convivencia.
A Causa Xeral é unha fonte valiosa para comprender a natureza do réxime franquista, a represión da posguerra e a forma en que o franquismo construíu a súa relación sobre a Guerra Civil. Con todo é fundamental analizala cunha perspectiva crítica, recoñecendo o seu carácter parcial e o seu papel como ferramenta de represión. Este proceso deixou un profundo impacto na sociedade española, contribuíndo a un clima de represión e medo que perdurou durante as décadas posteriores, ata a morte de Franco en 1975 e a chegada da democracia.
Os concellos da Limia contestaron aos requirimentos, pero soamente o concello de Sandías mandou oficio firmado polo alcalde Agapito Feijóo e militante da FET, axuntando dúas certificacións da declaracións de dous veciños feitas con data do 27 de xuño do ano 1941:

Benjamín Fernández Loren, veciño de Sandiás, declara que seu fillo José Fernández Seguín de 17 anos, marchou por traballos da sega a Alcalá de Henares (Madrid).

Asunción Seguín Morales, veciña das Pegas, declara que seu marido Benito Dios Dios de 32 anos, marchou cunha cuadrilla á sega a Alcalá de Henares (Madrid).

En ámbolos dous casos marcharon antes do alzamento nacional sen que ata a data da declaración as familias tiveran noticias deles. (Datos e documentos do Arquivo Histórico Nacional. Madrid).

Documentos correspondientes a Causa General del A.H.N.Subdirección General de los Archivos EstatalesMinisterio de Cultura.España

Foron moitos os homes e mulleres que no verán do ano 1936 se trasladaran en cuadrillas á sega en Castela, con motivo do golpe de estado do exército franquista, quedo dividida España e a maioría deles non puideron volver as súas casas, os homes foron movilizados polos republicanos, un caso moi coñecido foi o de Juan Sorga,  e combateron ao exército rebelde. Moitos nunca mais se soubo deles. Acabada a guerra, ao regresar a súa terra, sufriron represalias pola súa participación do lado perdedor.

]]>
Francisco Seijo Iglesias. Director dos xornais: “El Agrario” (1919), “El Látigo” (1923) de Xinzo de LImia https://historiadexinzo.wordpress.com/2024/09/11/francisco-seijo-iglesias-director-dos-xornais-el-agrario-1919-el-latigo-1923-de-xinzo-de-limia/ Wed, 11 Sep 2024 11:13:46 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/francisco-seijo-iglesias-director-dos-xornais-el-agrario-1919-el-latigo-1923-de-xinzo-de-limia/ Naceu sobre 1875 en Ourense, cidade na que coñeceu a súa dona, Rosa Villarino Quintas, aprendiz de sombreireira, natural de Ganade. Casou e trasladou a súa residencia a Xinzo. De oficio reloxeiro por vía paterna, montou unha reloxería na praza da nosa vila e tiveron seis fillos. Home instruído e con gran facilidade para a…]]> Naceu sobre 1875 en Ourense, cidade na que coñeceu a súa dona, Rosa Villarino Quintas, aprendiz de sombreireira, natural de Ganade. Casou e trasladou a súa residencia a Xinzo. De oficio reloxeiro por vía paterna, montou unha reloxería na praza da nosa vila e tiveron seis fillos. Home instruído e con gran facilidade para a escritura, a poesía e as coplas de entroido e cencerradas, colaborou, fundou e dirixiu varios xornais en Xinzo, os de maior contido político e de ideas republicanas. Foi agrarista e un gran defensor dos labregos e fustrigador de caciques, políticos “cuneros”, vividores e explotadores das clases máis desfavorecidas da Limia, o que lle orixinou numerosos problemas e visitou o cárcere da vila en moitas ocasións, el e mais os seus compañeiros de ideas progresistas.
Durante o ano 1919 é colaborador do xornal “Juventud”, onde escribe as crónicas máis duras e políticas contra os caciques locais e, posteriormente, é nomeado xerente deste xornal. Nesta época forma parte do Comité Republicano de Xinzo. Membro da Sociedad Agraria de Ginzo de Limia e do Comité Republicano de Xinzo.
Firmada por Zerep (Pérez de Ourense), e con data de maio de 1919, publícase no xornal Juventud unha descrición de Francisco Seijo: ”É dos vellos republicanos de pura cepa. Nin as adversidades da vida, nin o correr dos anos, mornearon a súa vontade férrea, a súa tenacidade que poderiamos chamar heroica. Nin persecucións solapadas e rastreiras, nin ninguén, ni nada, frearán os seus entusiasmos; con verdadeiro ardor, loita pola causa republicana, a súa consecuencia corre parella co seu optimismo, leva a loita e a discusión a todas partes e o seu busto forte é viril, orlado dunha barba hirsuta, dá a sensación de valentonería e baixeza que non existe. É un bravo republicano, un cidadán macho, a quen lle repugnan as sensiblerías de correlixionarios tímidos e para o cal non foi pronunciada aquela frase célebre do gran Costa, que nos chamaba “castrados”.
O seu amigo, Antonio Nieto Oliva, escribe: “Ten Seijo unha mentalidade esperta, espírito rebelde; foi un inadaptado que xamais mendigou favores. Incomprendido polos máis, a súa pluma áxil era un estilete cortante, mordaz. No periodismo local escribiu moito e ben. De gran vea poética. Hoxe rendémoslle este tributo da nosa pluma, crémonos obrigados a iso, era un gran poeta. Seijo era ourensán, pero pasou case todo o resto da súa vida en Xinzo, aquí na Limia casou e aquí cimentou a súa vida de brillante imaxinación, a súa fantasía creadora…”.
Debido á constitución en Xinzo da Sociedad Agraria de Ginzo de Limia, o xornal “Juventud” pasa a chamarse “El Agrario” e Francisco Seijo é o novo director. Lamentablemente, deste xornal, posiblemente o mais político e interesante, soamente se pode estudar un número e, tal vez polo seu contido agrarista e republicano, ninguén conservou exemplares dos mesmos. Non hai constancia da súa participación no xornal “El Camelo”, aínda que pola primeira dirección da redacción posiblemente participase seu fillo, Luís Seijo Villarino, que tamén colaborou moito e ben coa prensa local.
Durante algún tempo, desempeñou o cargo de auxiliar de secretaría no concello de Xinzo e renunciou á praza pouco antes de saír á rúa o periódico “Juventud” e tamén exerceu de secretario do concello de Trasmiras.
En 1923 funda “El Látigo”, do que é director e seguramente propietario, e que de seguro lle custou cartos. Nel colaboran case todos os que estiveron xuntos nas anteriores aventuras periodísticas, especialmente Celso Nieto Oliva pero, xa desencantados, teñen unha tendencia máis moderada. Termina pechando por problemas económicos.
A evolución política de Francisco Seijo desde a militancia activa e combativa contra o caciquismo, ideais polos que el tanto loitou, prodúcelle unha profunda decepción, tanto da clase política, como da resposta da xente nas eleccións. A dedicación e a defensa das súas ideas ao longo de moitos anos provocou unha quebra na súa economía e o abandono das obrigacións familiares, e tivo que visitar en numerosas ocasións, por motivos políticos, o cárcere de Xinzo. O seu desencanto vese perfectamente seguindo os seus escritos ao longo dos anos.
No aspecto relixioso, era home de pouca fe, pero de vez en cando encomendábase á Virxe dos Remedios de Ourense, a quen lle tiña algunha devoción, seguramente reminiscencias da súa educación de neno no seu Ourense natal. Foi o autor da letra do pasodobre Ginzo de Limia no ano 1929. O autor da música do pasodobre foi o mestre Xosé Pena Fuentes de Parada de Ribeira, director da banda a Lira de Parada.
A súa neta conta que cando estaba grave prostrado na cama, a familia quería que recibise os últimos sacramentos (o morrer sen recibilos estaba moi mal visto naqueles tempos, acabada de rematar a Guerra Civil), tanto insistiron, que o cura puido visitalo e ao lle comentar a Francisco Seijo que era o momento de pórse a ben con Deus, este contestoulle: “Con Deus sempre estiven a ben, con quen sempre estiven a mal é con vostedes”. Francisco Seijo, morre en Xinzo o día 5 de xaneiro de 1940 aos 65 anos de idade.
Pasodobre Ginzo de Limia: Peza que tocaba e cantaba a Tuna Antelana.
Ginzo de Limia, hermosa villa
donde el Sol brilla con mucho ardor,
te saludamos con alegría
tierra bendita rayo de amor.
Bella Antelana pon atención,
lo que hoy expresa nuestra canción
y de tus labios queremos ver
una sonrisa linda mujer.
Tu eres la virgen de los amores,
tu la que indicas pasión y arte,
por eso vamos de tres colores
formando tuna para cantarte.

]]>
Genoveva Vázquez Calviño, a inesquecible parteira de Xinzo. https://historiadexinzo.wordpress.com/2024/09/02/genoveva-vazquez-calvino-a-inesquecible-parteira-de-xinzo/ Mon, 02 Sep 2024 08:28:48 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/genoveva-vazquez-calvino-a-inesquecible-parteira-de-xinzo/ A historia das parteiras en Galicia, reflicte a evolución da asistencia ao parto desde tempos antigos ata mediados dos anos 70 aproximadamente. Desde a prehistoria, existen evidencias de mulleres asistindo a outras durante o parto, unha práctica que se mantivo ao longo da historia da humanidade. Na Idade Media, a asistencia ao parto e o…]]> A historia das parteiras en Galicia, reflicte a evolución da asistencia ao parto desde tempos antigos ata mediados dos anos 70 aproximadamente. Desde a prehistoria, existen evidencias de mulleres asistindo a outras durante o parto, unha práctica que se mantivo ao longo da historia da humanidade.
Na Idade Media, a asistencia ao parto e o papel das parteiras variaban enormemente dependendo do status social da parturiente. As parteiras de entón necesitaban permiso da Igrexa para exercer e eran vistas como mulleres íntegras con experiencia na profesión.
Co paso do tempo, especialmente a partir do século XVII, as parteiras foron adquirindo coñecementos especializados na arte dos partos, sendo en moitos casos as únicas capacitadas para atendelos, xa que parece ser que os médicos da época mostraban pouco interese no proceso fisiolóxico do parto.
A partir do século XIX, as parteiras ou matronas víronse aínda máis relegadas, con restricións sobre a administración de medicación e o uso de instrumentación. Esta situación levou a que practicamente desaparecesen nas zonas urbanas, aínda que con certas dificultades continuaron o seu imprescindible labor nas aldeas e zonas rurais, onde o acceso a médicos, medicinas e hospitais era difícil ou moi limitado.
Posteriormente e a pesar dos avances en medicina e a maior presenza de médicos nos partos, as parteiras ou matronas continuaron sendo unha figura esencial na asistencia ao parto en zonas rurais ata ben entrado o século XX, este século trouxo consigo importantes cambios para a profesión, incluíndo a creación de colexios de matronas e a regulación dos estudos. En resumo, a historia das parteiras en Galicia  e o seu papel foi e segue sendo esencial na asistencia ao parto das mulleres.
Na actualidade, a profesión de matrona está altamente regulada en moitos países, con programas de formación académica e centrado na muller do parto. As matronas modernas traballan tanto en hospitais como na comunidade, proporcionando unha opción para as mulleres que prefiren un parto máis natural e menos médicalizado.
En Xinzo de Limia as mulleres menos podentes tiveron a sorte de contar con unha destas habilidosas parteiras, que deu solución a unha das tarefas máis importantes das mulleres embarazadas: Genoveva Vázquez Calviño (Ponte Barxas-Padrenda, 01-08-1895-Xinzo de Limia, 23-09-1971), “coñecida popularmente como a señora Genoveva”. Nada ás dúas da tarde recibiu as augas do bautismo o día 3 de agosto na igrexa parroquial de San Cibrao de Padrenda (Ourense), recibindo o nome de Genoveva. Era filla de Ramón Vázquez Colmenero[1], natural de Ansemil, partido de Celanova, carabineiro de profesión[2], e Adelaida Calviño Rodríguez, natural de Xinzo de Limia[3]. Genoveva casou con Julio Vázquez Álvarez, natural da aldea de Queiroás, parroquia de Santiago de Folgoso, Allariz (01-0-1898. Xinzo de Limia, 28-12-1964)[4].
Genoveva e Julio criaron unha extensa familia xa que trouxeron ao mundo a nove fillos: Julio, María Asunción, Vera, Milagros, María del Carmen, Manuela, Ramón, Eugenia e Adelaida.  No seu matrimonio as cousa non foron precisamente ben. Genoveva no ano 1930, estando cun embarazo moi adiantado, percorreu media España para ir a Posadas (Córdoba) na procura do seu marido, alí sorprendeuna o parto e naceu a súa filla Manuela. Posteriormente a filla Vera, a finais dos anos 50, tivo que viaxar a Ourense para que seu pai, que se atopaba nunha situación moi precaria, volvera de novo a casa familiar en Xinzo.
Nun dos seus numerosos partos, Genoveva viviu unha experiencia traumática, xa que    naceu a súa filla Vera en Vilar de Santos, onde residían e, aos cinco días, morreulle a súa  querida nai Adelaida[5], á quen había coidado con tanto agarimo pola súa cegueira. Non se puido pescudar e coñecer as circunstancias e o tempo que a familia viviu en Vilar de Santos.
Julio o seu home, de profesión muiñeiro e albanel, traballou na Molinería Antelana S.A do Ruca, no barrio de Villasana en Xinzo de Limia e, durante os anos 40, anos da fame, Genoveva tamén traballou na fabrica de pan da mesma empresa, que era propiedade de Luis Barge Calviño “O Ruca”, unha das máis importantes fortunas da vila. Genoveva e Luis eran primos segundos, fillos de dúas primas carnais: Raquel Barge Calviño e Adelaida Calviño Rodríguez respectivamente.
Genoveva foi unha das mais lembradas veciñas do Barrio de Abaixo de Xinzo, destacan. os que a coñeceron, que era unha muller de bo carácter, moi traballadora e moi solidaria, era ademais de ser unha muller moi activa, non soamente atendía a súa extensa prole, sen non que coidaba dos seus pais, el fora carabineiro e a súa nai estaba cega. Ao mesmo tempo facía as cousas da casa e, en canto tiña un pouco de tempo libre, estudaba xa que tiña algún libro de medicina que trataba de como atender os partos, sen esquecer que tamén realizaba unha labor social de axuda e apoio aos seus veciños necesitados[6].
A señora Genoveva debeu adquirir os seus coñecementos a través do estudo dos seus libros e dá  súa propia experiencia xa que trouxo ao mundo a nove fillos. Tamén das prácticas transmitida por algunhas outras parteiras das que seguramente foi testemuña. Persoa moi relixiosa chegaba a bautizar, logo do parto, nos casos dos recen nados dos que perigaba a súa vida. Non só asistía nos partos, senón que tamén proporcionaba coidados prenatais, consellos sobre lactación e coidado do recen nacido. Debía utilizar ancestrais remedios caseiros, e posuía un profundo coñecemento sobre as posicións e manobras para facilitar o parto.
A súa bisneta Noelia Gestoso manifesta nunha entrevista no xornal La Región, con motivo da homenaxe do concello: “que se nacese un século despois, probablemente sería médico ou enfermeira porque, nun momento no que o acceso á educación era inimaxinable para moitas familias, Vázquez Calviño xa sabía ler. Isto levoulle a interesarse polos libros de medicina: “Ela era ama de casa e tivo nove fillos”, conta Noelia. “Empezou a ler libros e debeulle gustar ese mundo. Aprendeu a hixienizar os panos e tiña o seu propio instrumental”, engade”.
A súa actividade, como parteira durante boa parte do século XX, nunca lle produzo algún beneficio económico, a súa labor era totalmente desinteresada,  non cobraba pola súa asistencia aos partos. Axudou  a moitas veciñas a parir aos seus fillos, xa que daquelas o normal era que as mulleres pariran no seu domicilio, nun contexto no que a sanidade pública apenas existía, daquelas en Xinzo, había soamente dous ou tres médicos da APD (Asistencia Pública Domiciliaria), e un practicamente, tempo no que non consta que existira algunha outra matrona titulada na vila.
Da súa pegada na memoria dos veciños de Xinzo, reproduzo algúns comentarios que se fixeron no meu Facebook cando publiquei unha pequena biografía e unha foto dela:

>.

]]>
FEIRA DAS MOZAS O 14 DE MAIO EN XINZO. https://historiadexinzo.wordpress.com/2024/05/10/feira-das-mozas-o-14-de-maio-en-xinzo/ Fri, 10 May 2024 17:35:54 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/feira-das-mozas-o-14-de-maio-en-xinzo/ Cando chegaba a primavera na Limia, a feira do día 14 de maio en Xinzo, non só era comercial, era o esperado día da “Feira das Mozas”, que segundo a tradición oral “O mozo que non atopa moza o 14 de maio, non a atopa en todo o ano”. A tardiña, cando se acaba as…]]> Cando chegaba a primavera na Limia, a feira do día 14 de maio en Xinzo, non só era comercial, era o esperado día da “Feira das Mozas”, que segundo a tradición oral “O mozo que non atopa moza o 14 de maio, non a atopa en todo o ano”. A tardiña, cando se acaba as transaccións comerciais, comezaba pola estra xeral o paseo das mozas e mozos da Limia.
Previamente as mozas e mozos, vestidos coas súas mellores vestimentas de festa, iniciaban os paseos pola estrada xeral, cruzábanse mozos e mozas con miradas furtivas ata que se perdía a timidez e se facían presentacións. O paseo prolongábase ata o inicio do baile na pista do café Ideal, o único existente no pobo. Non había daquelas nin gaiteiros nin música nas rúas. Cantas parellas naceron destas xornadas das feiras do 14 de maio!
Na Limia pola semana eran días de duro traballo para homes e mulleres, pero os xoves a noitiña, era día de visitar ás mozas nas aldeas. Chegabas a aldea, buscabas a casa da moza e no patio batías as palmas e, se a moza accedía, subías a casa. Mentres o compromiso non era formal, calquera outro mozo podía chegar bater as palmas e tiñas que deixar o sitio ao novo pretendente.
O noivado era a ocasión que tiñan os mozos e mozas de profundar no coñecemento mutuo e o afecto, as visitas de tempo en tempo, consistían en entreterse en mutua conversación, e nunca permanecer sós lonxe da mirada vixiante dos pais.
Tiven algunha experiencia persoal desa forma de poñerse en contacto con mozas na aldea, era unha moza moi guapa que coñecera na romaría da Sainza,  o lugar das visitas era a habitación da moza e sentados na cama, fora da visión dos pais. Os mozos da vila non éramos moi ben recibidos pola familia, pensaban, as veces seguramente con razón, que íamos a aproveitarnos.

]]>
Misterio resolto, a segunda vida do guerrilleiro Juan Sorga, (1921(Cortegada-Sarreaus)-2009 (París-Francia). https://historiadexinzo.wordpress.com/2023/11/28/misterio-resolto-a-segunda-vida-do-guerrilleiro-juan-sorga-1921cortegada-sarreaus-2009-paris-francia/ Tue, 28 Nov 2023 16:35:12 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/misterio-resolto-a-segunda-vida-do-guerrilleiro-juan-sorga-1921cortegada-sarreaus-2009-paris-francia/ As últimas noticias de Juan Sorga, son da súa fuxida na que trataban de chegar a Francia polos Pirineos. Do que sucedeu no tren no que a policía lles pide a identificación, esto é o que di o atestado: <<O día vinte e seis de maio de 1950 e, cando se atopaban no tren correo…]]> As últimas noticias de Juan Sorga, son da súa fuxida na que trataban de chegar a Francia polos Pirineos. Do que sucedeu no tren no que a policía lles pide a identificación, esto é o que di o atestado: .

A partir deste momento todo foron especulacións, que si chegou a Francia, que si se matou ao tirarse do tren, que o Partido Comunista fixo indagacións co Partido Comunista francés e non atoparon nada, etc. etc. O silencio absoluto, nin a muller e os fillos, nin no resto da familia ou amigos, nunca máis souberon del.
Fai uns días recibín un correo no que Martín Huguet, que se presentaba como neto, . Interesábase pola estancia dos guerrilleiros en o Vago (Melgac,o) Portugal. E interesado tamén en conseguir o meu libro “Historia e Memoria. A Limia 1931-1953”.
Tivemos unha primeira entrevista na que me comentou o que sabía da historia do seu avó e outra na que me filmou outra entrevista para un documental que está a preparar.

Manuel Iglesias Méndez (Juan Sorga) no laboratorio
A miña sorpresa foi cando me contou que o seu avó, logo do episodio do tren, ocultouse debaixo dun vagón e foi colgado del durante tres horas ata Zaragoza. Sorprendentemente non continuou a Francia, se non que volveu a Madrid, onde tiña amigos e debía funcionar clandestinamente unha cadea de apoio aos republicanos fuxidos. Alí con axuda dunha cartilla do seguro obreiro, a nome de Manuel Iglesias Méndez[3], cambia de identidade e a partir dese momento Juan Sorga pasa a ser Manuel Iglesias Méndez, con esta identidade comeza a traballar nun laboratorio, ao parecer o director era de ideas republicanas. Nese mesmo laboratorio traballaba unha guapa viúva chamada Francisca Muñoz Muñiz, coa que pouco despois comeza unha relación amorosa.

Francisca Muñoz Muñiz a secretaria do laboratorio.
Fai unha vida normal, ata realiza un par de viaxes a Alicante, o neto non sabe os motivos, pero eu creo que posiblemente foran de vacacións. Segue residindo en Madrid e alá polo ano 1958/1959, despois da visita do presidente americano, e seguramente perdida a fe na posibilidade de que as democracias occidentais acabaran con réxime de Franco, trasladase a París (Francia), e posteriormente o segue Francisca, alí contraen matrimonio Manuel Iglesias Méndez e Francisca Muñoz Muñiz. Manuel traballa como fontaneiro na construción, e teñen familia, unha filla e un fillo.
Posteriormente, parece incrible e temerario, mercan sobre o ano 1979, un apartamento en Oliva (Valencia), onde veñen a desfrutar as vacacións de verán moitos anos. Manuel (Juan Sorga) falece en Paris o ano 2009 e Francisca en 2023.
Parece ser que sempre lles oculto a nova familia a súa vida pasada, inda que da pouca que lles facilitou era a de que nacera en Verín. Cando o pasamento da avoa, coa data de nacemento dos documentos franceses, o neto Martín viaxa a Verín a comprobar no Rexistro Civil a partida de nacemento do avó, e non atopa nada. Entón publica un anuncio nun xornal, creo que o dixital Diario do Támega, pedindo axuda para atopar información, alguén o viu e se puxeron en contacto e a partir de aí soubo da verdadeira historia do seu avó, e a existencia dunha fillado primeiro matrimonio, do que enviuvou e da segunda muller coa que tivera un fillo.

O neto francés está recollendo información e filmando lugares e entrevistas con numerosas persoas, coñecedoras do tema de guerrilla, quere facer un documental sobre a vida do seu avó que espera proxectar na nosa terra.

Manuel Iglesias Méndez (Juan Sorga) e a súa dona Francisca Muñoz Muñiz na voda da súa filla posiblemente nos anos 90.
1 O guerrilleiro, Manuel Rodríguez, foi xulgado en Madrid e condenado a pena de morte, executada en dita cidade ás cinco da mañá do día 3 de setembro de 1951 polo método do “garrote vil”. O amigo de Xoán Sorga, que os acolleu na casa, Agustin Gualberto, foi condenado a tres anos de cadea  menor.
2 AMIRMN. Causa militar nº 201/50, da 1ª Rexión militar. Madrid.
[3] Unha posible teoría é que fora a cartilla dalgún desaparecido ou paseado durante a guerra, que aproveitaron para a nova identidade de Sorga.
Para saber máis sobre a guerrilla e Joan Sorga, no meu libro Historia e memoria. A LIMIA 1931-1953, onde fun o primeiro investigador que sacou a luz a historia da guerrilla antifranquista na Limia, ou podes visitar o meu blog nos seguintes enlaces:

Os maquis na Limia (1948): os sucesos de Pazos de Codosedo (Sarreaus).
[embedded content]

O maquis na Limia. Pazos de Codosedo 2ª parte: a versión da Garda Civil
[embedded content]

A morte do guerrilleiro Perfecto Dios en Chaherrero (Ávila) e nova fuga de Xoán Sorga
[embedded content]

.

]]>
Manuel Martínez Santana, un dos limiaos da diáspora local. https://historiadexinzo.wordpress.com/2023/09/07/manuel-martinez-santana-un-dos-limiaos-da-diaspora-local/ Thu, 07 Sep 2023 16:37:41 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/manuel-martinez-santana-un-dos-limiaos-da-diaspora-local/ Somos unha terra de emigrantes e de expatriados, as novas tecnoloxías e as redes sociais contribúen dalgunha maneira a poñernos en contacto e comunicación con moitos deles e sobre todo aos seus descendentes, aos que os seus pais e avós lles falaban con morriña da súa terra e da familia que deixaron atrás. Estas vivencias…]]> Somos unha terra de emigrantes e de expatriados, as novas tecnoloxías e as redes sociais contribúen dalgunha maneira a poñernos en contacto e comunicación con moitos deles e sobre todo aos seus descendentes, aos que os seus pais e avós lles falaban con morriña da súa terra e da familia que deixaron atrás. Estas vivencias familiares fan e fixeron que moitos dos descendentes se interesen pola terra e familia dos seus devanceiros.
Teño comprobado a través dos meus Facebook, do grupo e do meu blog, o interese de moitos por coñecer historias e imaxes desta nosa terra. As redes sociais serven tamén para poñer en contacto amigos ou familiares dos que non se tiñas noticias, tal e como ten sucedido nas miñas redes sociais. 
Nos anos 50, anos nos que inda había cartillas de racionamento para conseguir os máis imprescindibles alimentos como o pan, aceite, azucre, etc. Naqueles anos da diáspora local, en que eu era un neno, vin marchar de Xinzo, con gran dor de corazón, familias enteiras con destino a Venezuela, Brasil, Vigo, País Vasco e Cataluña. Non é ata os anos 60 cando os limiaos posteriormente comezan a súa migracións aos países europeos: Alemaña, Holanda, Suiza e Francia.
A vida en Xinzo e a Limia nos anos 50 era unha vida dura e de moita necesidade. Moitas familias con dificultades e falta de oportunidades para o estudo, a educación e o traballo deles e dos seus fillos en Xinzo, viron nas ordes relixiosas a posibilidade dunha educación e un futuro mellor para eles. Eran varias as distinta ordes relixiosas de frades e monxas, que recorrían vilas e aldeas, a procura de nenos e nenas para levar aos seus conventos. Moitos foron os nenos e nenas captados por estas ordes que recibiron uns estudos, inda que non todos quedaron definitivamente nos conventos e mosteiros.
Este é o caso do mozo de Xinzo, Manuel Martínez Santana o primoxénito de Manuel Martínez e Josefa Santana, máis coñecida por Pepita, que tivo a desgracia de quedar viúva en 1950, con dous fillos pequenos Manuel e Julio e embarazada de Rafael. O seu fillo maior, nado en 1941, Manuel que había ingresado nos frades desde moi neno, ao final da súa formación relixiosa ou se ordenaba ou cambiaba de vida, das poucas opcións que se lle presentaban a que lle resultou máis atractiva, foi a de ingresar na mariña militar, onde segundo a súa folla de servizos ingresa o 10 de Xaneiro de 1961.
Estivo embarcado, dependía de Cádiz militarmente e seguiu coa súa carreira ascendendo e navegando en tres navíos: o cruceiro Canarias, D. Oquendo e D. José L. Diez,  ata ingresar na Escola Naval, berce dos oficiais, pero a súa vida militar vese interrompida porque contrae tuberculose e trasládano ao hospital de mariña dos Muíños, onde coñece á que logo sería a súa muller, Maruxa Da Silva (Trellerma-Toén, Ourense), que era enfermeira. No hospital permanece case tres anos.

Recupérase, pero pola súa enfermidade, danlle destino forzoso en terra, o que lle impide ascender a oficial, con todos o anos que loitou por iso. Pero tivo unha vida feliz e pasou o resto da súa vida militar na ETEA (Escola de Transmisións e Electricidade da Armada) en Vigo, desde setembro de 1968 ata o seu pase á reserva en 1996. Aínda que a súa especialidade, era a de artillería, levou como Sarxento Condestable, a imprenta e a intendencia da compra e avituallamento de toda a escola da ETEA, onde era moi apreciado por xefes e tropa de mariñeiría.
Ao longo da súa vida militar recibiu varias condecoracións:
1977.- Mención 4ª clase distintivo branco.
1981.- Cruz Constancia 1ª categoría.
1987.- 1ª mellora pensión Cruz Constancia.
1990.- Mención honorífica 30 anos de servizo, Cruz Constancia.
1998.- Cruz de San Hermenegildo.
1998.- Encomenda da Real Orde de San Hermenegildo.
1998.- Placa da Real Orde de San Hermenegildo.
O máis anecdótico da súa vida militar é que asistiu á voda dos príncipes Juan Carlos e Sofía en Grecia,  no cruceiro Canarias, en maio de 1962, tal cal está reflectido na súa folla de servizos. Permaneceu na reserva activa ata a súa xubilación definitiva en xullo do ano 2006. Manuel faleceu repentina e inesperadamente en Vigo o día 30 de xuño do ano 2021.

Foto de Manoel e Maruxa
Manuel visitaba con certa frecuencia Xinzo mentres viviron a súa avoa e a súa nai, as veces en compañía da súa familia, destes encontros e o trato coas avoas, unha das fillas Susana, sente una gran afecto pola terra do seus pai e as vivencias e lembranza da familia da Limia. Isto seino polo seu interese en coñecer cousas de Xinzo e da Limia e inda nos visita algunha vez. Este cariño pola nosa terra e o que me doe de moitos dos que marcharon esquecendo por completo o que deixaron atrás.
RECORDAR É VIVIR!

]]>
A escultura da doutora limiá «Olimpia Valencia» de Xosé Lois Carreira. https://historiadexinzo.wordpress.com/2023/08/08/a-escultura-da-doutora-limia-olimpia-valencia-de-xose-lois-carreira/ Tue, 08 Aug 2023 09:27:06 +0000 https://xinzodelimia.com/blogs/a-escultura-da-doutora-limia-olimpia-valencia-de-xose-lois-carreira/ O escultor limiao Xoxé Lois Carreira está a traballar arreo para rematar a monumental escultura  da doutora limiá Olimpia Valencia, escultura da que publico varias fotos. O outro día visiteino no seu taller estudo en Parada de Ribeira e atopeino, coma sempre a pleno sol, no alto do andamio, batendo concienzudamente na pedra co mazo…]]> O escultor limiao Xoxé Lois Carreira está a traballar arreo para rematar a monumental escultura  da doutora limiá Olimpia Valencia, escultura da que publico varias fotos. O outro día visiteino no seu taller estudo en Parada de Ribeira e atopeino, coma sempre a pleno sol, no alto do andamio, batendo concienzudamente na pedra co mazo e cicel, cuberto de po e suor.
É moi sacrificado o traballo sobre a pedra do noso artista.
Xosé Lois Carreira perfila un dos proxectos máis complexos que acometeu nos últimos tempos. O escultor xa ten avanzado o traballo da monumental estrutura en granito que se colocará diante do hospital Alvaro Cunqueiro da cidade de Vigo. A monumental escultura posiblemente este rematada a finais do mes de setembro.

Para saber máis da traxectoria do artista e escultor limiao Lois Carreira podes ler o seu currículo no meu blog:

A escultura «A Dama da Lagoa» de Xosé Lois Carreira.
[embedded content]

Olimpia Valencia López, nace o 14 de decembro de 1898, en Baltar, foi unha muller aavanzada para o seu tempo ao converterse na primeira licenciada en medicina de Galicia. Filla única, viviu en Vigo desde os doce anos, os seus pais gozaban dunha posición acomodada.
Con 21 anos, en 1919, ingresa na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, en 1925, convértese na primeira muller galega cunha licenciatura en Medicina. Por presións sociais trasládase a Madrid para doutorarse en xinecoloxía.
Ao finalizar os seus estudos regresa a Vigo en 1928, pasando consulta na súa clínica  de cálea Príncipe, nela exercerá medicina xeral e xinecoloxía, a súa especialidade.
Nos anos 40, ingresa na Seguridade Social e segue traballando, mesmo tras a súa xubilación, ata os 82 anos. Seis anos despois, en 1987, falecía en Vigo.
En xullo do ano 2017, a título póstumo, foi nomeada filla predilecta do concello de Baltar.

Para saber más sobre a doutora Olimpia Valencia:
https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2015/04/olimpia-valencia-y-xohan-carballeira.html

Olimpia Valencia, la primera médica de Galicia
[embedded content]

]]>
A FAMILIA MARTINEZ BIEL. Dentistas en Xinzo. https://historiadexinzo.wordpress.com/2023/07/17/a-familia-martinez-biel-dentistas-en-xinzo/ Mon, 17 Jul 2023 15:45:52 +0000 https://xinzodelimia.com/a-familia-martinez-biel-dentistas-en-xinzo/ Descoñezo datos da vida e veciñanza de Andrés Martínez, pai dos Martínez Biel, personaxes populares do Xinzo da segunda metade do século pasado. Lamentablemente xa non quedan veciños que coexistiron naquela época para lembralo. O máis popular dos irmáns foi Fausto, un señor intelixente e bondadoso, cunha gran personalidade, delgado, con bigote e moi elegante,…]]> Descoñezo datos da vida e veciñanza de Andrés Martínez, pai dos Martínez Biel, personaxes populares do Xinzo da segunda metade do século pasado. Lamentablemente xa non quedan veciños que coexistiron naquela época para lembralo.
O máis popular dos irmáns foi Fausto, un señor intelixente e bondadoso, cunha gran personalidade, delgado, con bigote e moi elegante, sempre con chapeu, aínda que do mesmo xeito que os seus irmáns con fama de extravagantes, adiantados para o seu tempo e unha forma de vivir a vida que destacaba naquel Xinzo da posguerra.

Foto: Fausto Martínez Biel, con sombreiro polifacético personaxe da vida de Xinzo.
Gran afeccionado á música, tanto clásica como moderna, á volta das súas numerosas viaxes, regaláballe a Nito os discos coas últimas novidades do panorama musical do momento. Discos que se reproducían nos bailes e sesións vermús da Pista Ideal. Era un dos veciños que máis apostaba ás quinielas do fútbol, o único xogo de apostas que había entón. Daquelas os boletos eran dobres, selábanse os boletos e ao xogador quedaba unha copia. Fausto, que tamén era un bromista, moitas veces evitaba que se reproducise a aposta na copia e, ao coñecer os resultados dos partidos, cubríaa e presumía de ter os 14 resultados do premio.
No ano 1955, cando se urbanizou o xardín na praza do peixe, dun das súas viaxes, trouxo as dúas ras metálicas polas que saía a auga do estanque, tamén doaba os peixes de cores que durante moitos anos fixeron as delicias dos veciños e que a maioría nunca viramos.
Escribía Carlos Casares nunha crónica de “A Marxe” que .

Foto: Fausto Martínez Biel, odontólogo en Xinzo.
Nos os 60 residía en Xinzo, un militar retirado chamado Martín Parareda, un home maior, tamén moi elegante e refinado, que traballada no Instituto Nacional de Colonización que realizaban as obras de desaugue da lagoa. Tiveron unhas diferenzas persoais e Fausto quixo retalo a un duelo, desafío que se produciu no Bar-Restaurante Gran Taberna dos meus pais, e que relata Carlos Casares nunha das súas crónicas de “A Marxe” na Voz de Galicia.
Fausto, Roberto e Xosefina tiveron moitos anos unha clínica dental na casa na que vivían en Xinzo, exerceron como dentistas ou mecánicos dentistas, aínda que só Fausto estaba colexiado como odontólogo. No balcón principal do piso que ocupaban en Xinzo tiñan un orixinal letreiro que anunciaba: DENTISTA.

Foto: Pepita está de pé collendo as mans, Roberto é o que está abaixo a dereita cun xeonllo no chan e agarrando o brazo dunha moza.
De Roberto podemos dicir que era máis sensato e tranquilo que Fausto, o lembro sempre co sorriso nos beizos. Era o que se desprazaba en moto a traballar e atender aos veciños da zona da raia portuguesa. A Pepita lémbroa como unha persoa moi reservada e vela con frecuencia pasando o tempo asomada no balcón da súa casa.

Foto: nesta foto na que están meus pais e meu irmán Chicho, na casa do fondo no primeiro andar vivía a familia Martínez Biel. Nun dos balcóns pode verse o letreiro de DENTISTA.
Nos anos 50, adoptaron ou pro fillaron unha nena portuguesa chamada Celia, á que criaron na súa casa, era moi guapa e na súa mocidade, nos anos 60, foi elixida Miss Ginzo de Limia, eventos que se celebraban no Café Antela. Integrouse perfectamente co resto de rapaces e rapazas que de nenos xogabamos na zona do xardín. Celia “A portuguesa” como a coñeciamos familiarmente casou con Tarrio, un fotógrafo de Verín onde viviu ata o seu pasamento.
BIOGRAFÍAS:
(Datos extractados do blogue (1) do médico e historiador David Simón-Lorda)
Andrés Martínez Veiga (Nadela-Lugo 1867-Xinzo de Limia 1936).
O pai dos Martínez Biel chegara a Xinzo de Limia tras un periplo profesional como cirurxián dentista en varias localidades, en Madrid; en Lugo (1909-1919); Ponferrada (1924) e Barco de Valdeorras (1928).  Estaba en posesión do título de cirurxián dentista desde o ano 1894.
Andrés Martínez Veiga falece en Xinzo, onde residía na rúa Progreso nº 37, uns meses antes do estalido do golpe de estado militar do ano 1936. Tivo cinco fillos, Lohengrin, Parsifal,  Fausto, Roberto e Xosefina Martínez Biel, dos cales Fausto, Roberto e Xosefina (Pepita), residiron en Xinzo.
Roberto Martínez Biel adoitaba desprazarse coa súa moto a pobos da raia con Portugal para realizar intervencións dentais. Por cuestións seguramente políticas con 26 anos foi detido, entre 1937-1938, durante o golpe de estado e posterior guerra civil, sufrindo prisión en Quiroga (Lugo), en Monforte de Lemos, e no campo de concentración de Rianxo – A Coruña.
Josefina Martínez Biel, máis coñecida como Pepita, exercía na Rua de Valdeorras como «axudante e auxiliar de odontólogo». Non se sabe o motivo, seguramente por motivos políticos, pero ao comezo do golpe de estado militar de 1936 foi detida. Segundo informe da Garda Civil de Xinzo en 1949-1950  “perteneció a partidos de izquierdas”. En 1950 foi sometida a consello de guerra por “prestar asistencia sanitaria odontológica a guerrilleros y enlaces en la zona de Pobra de Brollón” na zona de Poboa de Brollón. Tamén en 1959 foi novamente detida «Por el ejercicio indebido de la profesión de Odontología».
Fausto Martínez Biel, dentista odontólogo (Lugo 1909-Xinzo de Limia 1965). Estivo colexiado no Colexio de Odontólogos de Coruña-Lugo durante 10-11 anos, exercendo en localidades como Ortigueira. Desde ou ano 1952 figura colexiado no Colexio Profesional de Odontólogos de Pontevedra-Ourense, e con residencia e actividade profesional en Xinzo de Limia.

(1). Para un maior coñecemento da familia e vicisitudes políticas, recomendo visitar o excelente e completo artigo do blogue do amigo David Simón-Lorda:
https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2022/07/los-martinez-biel-dentistas-en-xinzo-de.html

]]>
A TORRE CASTELO DE PENA. Por Adolfo Taboada Sanz https://historiadexinzo.wordpress.com/2023/07/10/a-torre-castelo-de-pena-por-adolfo-taboada-sanz/ Mon, 10 Jul 2023 10:47:41 +0000 https://xinzodelimia.com/a-torre-castelo-de-pena-por-adolfo-taboada-sanz/ A elevada torre, desde onde González de Ulloa contemplaba e describía os antigos estados da Casa de Monterrey, xa non pertencía aos Zúñiga Biedma cando aquel estaba a escribir o manuscrito. Pertencéralles durante máis de dous séculos, desde que dona Elvira de Biedma, cuarta señora de Biedma, en 1406 contraeu matrimonio con don Diego López…]]> A elevada torre, desde onde González de Ulloa contemplaba e describía os antigos estados da Casa de Monterrey, xa non pertencía aos Zúñiga Biedma cando aquel estaba a escribir o manuscrito. Pertencéralles durante máis de dous séculos, desde que dona Elvira de Biedma, cuarta señora de Biedma, en 1406 contraeu matrimonio con don Diego López de Zúñiga o Mozo, señor de Monterrey e achegábaa co seu matrimonio, xunto cos estados da Limia, e os de Soto Bermud, Biedma e Rivera, que compoñían o morgado que herdara do seu pai don Juan Rodríguez de Biedma; pero perderan o seu dominio sobre ela en 1610, cando se despachou executoria da sentenza definitiva ditada pola Sala de Mil e Cincocentas, en larguísimo proceso seguido entre as casas de Monterrey e de Lemos, segundo a cal, aínda que se confirmou a sentenza que fora ditada pola Real Chancillería de Valladolid, que admitira integramente a demanda interposta polo Conde de Monterrey, exceptuáronse algúns bens, que a comisión executora da sentenza definitiva, á que foi encomendada o labor de determinalos, decidiu incluír entre eles, como do señor Conde de Lemos, a xurisdición de Pena de Portela e a súa torre, e tamén a xurisdición de Calvos de Randín.
Pregúntase González de Ulloa como foi posible que sendo fundada a torre por Ruy Páez de Biedma, herdada polo seu fillo Juan Rodríguez de Biedma e diste pola súa neta Elvira de Biedma, que polo seu matrimonio uníraa aos territorios cuxo señorío xa tiñan os Zúñiga de Monterrey, pasase a ser e estar en poder e posesión da Casa de Lemos, e cumpridamente relata a orixe do proceso (1), as súas vicisitudes e as da súa execución, queixándose de «Las tramoias, enriedos, documentos supuestos y otras travesuras que forjaron los agentes y apasionados de Lemos en el curso de este litigio”,  e termina manifestando a súa esperanza de que pronto, «por derecho de reversión volverán estos dos miembros a unirse al cuerpo todo” 1. Ob. cit. pp. 140- 145.
O proceso tivo a súa orixe no feito de que Dª Francisca de Zúñiga e Biedma, II Condesa de Monterrey, casou en primeiras nupcias con Diego de Acevedo e Fonseca, con quen tivo un único fillo, don Alonso. Falecido o seu esposo casou en segundas nupcias con Fernando de Castro e Andrade, con quen tivo unha filla, dona Teresa, e decidiu outorgar testamento, en virtude do cal, en prexuízo do seu primoxénito, fundou morgado a favor da súa filla, deixando a esta bens dos que non podía dispoñer.  (Xesús Taboada. MONTERREY, Santiago de Compostela MCMLX. Instituto P. Sarmiento de estudos galegos. Páx. 64).
Na robusta torre, que era a da homenaxe de todo o recinto do castelo, algúns de cuxos restos aínda quedan ao seu ao redor, non se aprecia actualmente ningún escudo de armas que indique quen era o seu señor; pero no dintel da súa porta de entrada, que está apoiado en dúas ménsulas decoradas cunha flor, obsérvanse uns sinais que parecen indicar que alí estivo colocado un escudo de armas, que foi picado e eliminado. O meu tío Xesús Taboada Chivite, indica que en 1595 a torre aínda ostentaba o escudo de don Gaspar de Acevedo, V Conde de Monterrey, do que dispoñía dun debuxo bastante preciso; escudo que seguramente foi picado por mor da sentenza que outorgou a posesión da torre ao señor Conde de Lemos. O escudo era cuartelado, e levaba; 1) Zúñiga; 2) Pimentel; 3) Fonseca, 4) Biedma e estaba timbrado con coroa condal.
1 Ob. cit. pp. 140- 145. O proceso tivo a súa orixe no feito de que Dª Francisca de Zúñiga e Biedma, II Condesa de Monterrey, casou en primeiras nupcias con Diego de Acevedo e Fonseca, con quen tivo un único fillo, don Alonso. Falecido o seu esposo casou en segundas nupcias con Fernando de Castro e Andrade, con quen tivo unha filla, dona Teresa, e decidiu outorgar testamento, en virtude do cal, en prexuízo do seu primoxénito, fundou morgado a favor da súa filla, deixando a esta bens dos que non podía dispoñer.  (Xesús Taboada. MONTERREY, Santiago de Compostela MCMLX. Instituto P. Sarmiento de estudos galegos. Páx. 64).

]]>
Os petadores das portas de Xinzo de Limia. https://historiadexinzo.wordpress.com/2023/07/02/os-petadores-das-portas-de-xinzo-de-limia/ Sun, 02 Jul 2023 15:40:43 +0000 https://xinzodelimia.com/os-petadores-das-portas-de-xinzo-de-limia/ O petador é unha peza metálica pendurada da porta de entrada as casas, que se utiliza para chamar petando con ela. Durante moitos séculos foi a maneira de avisar aos veciños para que abriran a porta. Os sinónimos son aldraba, armela, batedor, chamador ou picaporte. Os materiais máis común son o cobre e o ferro.…]]> O petador é unha peza metálica pendurada da porta de entrada as casas, que se utiliza para chamar petando con ela. Durante moitos séculos foi a maneira de avisar aos veciños para que abriran a porta. Os sinónimos son aldraba, armela, batedor, chamador ou picaporte. Os materiais máis común son o cobre e o ferro.
En Xinzo temos portas humildes ou nobres, de calquera material imaxinable. Hai algún tempo retratei as portas polas rúas da nosa vila e abofé que atopei auténticas preciosidades feitas en madeira e con novos e modernos materiais que se poden ollar no meu blog https://historiadexinzo.wordpress.com/2020/06/24/portas-de-madeira-en-xinzo-de-limia/..
Portas de madeira, ferro ou aluminio das que algunhas contan fermosos petadores, un mecanismo de chamada aos moradores que cos modernos materiais foi caendo en desuso. Para miña sorpresa algunhas das novas portas de aluminio ou PVC contan tamén con petadores, como se pode comprobar nas fotografías do artigo, seguramente postos como elemento ornamental máis que de utilidade práctica.
De nenos unha das máis populares travesuras que facíamos era petar nas portas e saír correndo antes de que o propietario acudira a abrir a porta e nos pillara. Logo seguímolo facendo cando foron substituídos polos timbres eléctricos. Timbrar e saír correndo a agocharse.
Os petadores foron esmorecendo coa modernidade, primeiro cos timbres eléctricos a partir dos anos sesenta, logo cos porteiros automáticos e na actualidade cos modernos vídeo porteiros. Petadores nas portas de Xinzo temos gran variedade de modelos e deseños, o máis clásico e o que representa unha man petando na porta. Pódese ver a variedade das fotografías que se acompañan.

]]>